Foz, 17 de xaneiro de 2020. O Concello de Foz acaba de poñer en marcha un programa dedicado ao comercio local na emisora de radio municipal. Será quincenal e comezou onte, xoves. No primeiro espazo participaron o concelleiro de Turismo, Comercio e Actividades Económicas, José María Linares; o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, José Carlos Paleo; o xerente da cafetería Xoyma, Fernando López, e a propietaria de Electrofoz, María Río.
O programa, dunha hora de duración, chámase A hora do comercio local en Radio Foz e José María Linares explica que “tendas de roupa, zapatos, téxtil, lencería, outros comercios de todo tipo, asesorías, compañías de seguros e hostalería en xeral poden pasar por Radio Foz e falar do seu negocio, dos seus inicios, da situación actual, das perspectivas de futuro ou indicar produtos e ofertas do negocio. Trátase dun guiño ós pequenos e medianos autónomos nuns momentos moi difíciles pola competencia on line e o gran comercio das cidades”.
No programa de onte comentouse que “en catro anos perdéronse cerca de 4.000 comercios e pequenos autónomos en Galicia. Aínda que na provincia de Lugo foi menor a porcentaxes de peches, comparado con Ourense ou Coruña, os datos non son nada favorables. Estamos falando dun descenso maior ao 6 por cento. Ao reto dixital hai que unir que a moitos comercios están rexidos por persoas maiores de 57 anos, o que significa unha xubilación inminente, e hai falta de relevo xeracional en moitos casos, polo que calquera iniciativa de cara a potenciar, fomentar e axudar o comercio local sempre é benvida”.
Xoyma está a piques de cumprir 33 anos aberto e Electrofoz fixo o seu 25 aniversario en 2019. Os responsables destes dous establecementos falaron das súas experiencias, das súas ganas de continuar á fronte dos seus negocios e das dificultades do comercio actual. Destacaron que a atención e o bo trato son fundamentais hoxe en día para enfrontarse ao comercio dixital e reclamaron o apoio das administracións, entre elas a local. E tamén sinalaron que o cliente agora está máis preparado e sabe mellor o que quere, polo que os xerentes dos establecementos teñen que estar en continua preparación e formación.
O goberno local focense agradece á ACIA e ao seu presidente, José Carlos Paleo, a súa colaboración, así como aos propios comerciantes, ós que animan a acudir a este programa de radio. “É un pequeno cariño para o comercio, ao que o goberno actual xa manifestou que se pon á súa disposición”, manifestou o concelleiro de Comercio.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



