Lugo, 28 de xaneiro, 2020. O voceiro do BNG na Deputación, Efrén Castro, defendeu unha moción asinada polos dous grupos do goberno para respaldar as demandas da plataforma SOS Sanidade Pública. A proposta esixe o cese da política de desmantelamento e peche servizos nas áreas sanitarias, revisar os concertos cos hospitais privados e eliminar os que non sexan necesarios, reducir as listas de espera en consultas, probas diagnósticas, cirxurxia e procedementos terapeuticas ou dotar a atención primaria de persoal e recursos necesarios para ofrecer un servizo accesible e de calidade. Ademais, expresa o apoio dos grupos polìticos do goberno a mobilización convocado polo colectivo sanitario para o 9 de febreiro en Compostela.
Efrén Castro describiu os anos de goberno do Partido Popular como “un decenio escuro a sanidade e os servizos públicos” e desmontou os datos do deputado Javier Castiñeira, que defendeu a xestión da Xunta de Galiza. “No que toca a atención primaria, o orzamento de 2020 está 142 millóns de euros por debeaxio do contemplado polo goberno bipartito”, citou como exemplo Efrén Castro. “Presumen dos datos de listas de agarda pero ás persoas que van a pedir cita e lles dan a consulta nun praza dun ano non a enganan”, concluíu o deputado nacionalista.