Deputadas e deputados provinciais participaron este luns nas concentracións convocadas pola Subdelegación do Goberno e o Concello de Lugo en condena polo asasinato machista dunha muller veciña Lugo. A Deputación expresa a súa máis enérxica e firme repulsa contra a violencia machista, e o seu afecto e solidariedade coa familia e achegados da vítima.
