Cervo, 20 de febreiro de 2020.- O alcade de Cervo, Alfonso Villares, pídelle a toda a veciñanza da Mariña que se poña en estado de alerta e se mobilice para que o goberno central redacte un estatuto electrointensivo que permita a a ALCOA estar en igualdade de condicións coas súas empresas competidoras no resto de Europa.
Como indica o rexedor cervense “xa non se trata dun tema fundamentalmente de ALCOA, pois Alu Ibérica, a empresa que se fixo cargo das plantas de aluminio de A Coruña e Avilés ven de anunciar que cos prezos establecidos con este estatuto é absolutamente imposible producir aluminio”.
Villares recorda que neste estatuto faltan en torno a 50 millóns de euros que antes viñan a parar á comarca da Mariña e agora repártense entre o resto de empresas, principalmente ubicadas no País Vasco e Cataluña, que ademais non son electrointensivas. Recalcou que “esos 50 millóns non son de ALCOA, son de todos os mariñáns, pois eses cartos repercuten directamente en todas as familias da comarca ”.
Engadeu ademais que “no momento que se perdan os postos de traballo que agora mesmo forman ALCOA e as súas auxiliares, non só se verán afectadas as familias, senón que directa e indirectamente o impacto negativo se vai estender ata o resto de empresas da comarca, administracións públicas e servizos”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



