Lugo, 21 de febreiro de 2020. A Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación do servizo de teleasistencia domiciliaria que ofrece a Deputación de Lugo de maneira gratuíta a veciños e veciñas dos 67 concellos da provincia. Segundo explicou o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, con este novo contrato, que supón un investimento de 560.000€ e ten vixencia ata o 2022, aumentan nun 20% a capacidade de atención do servizo.
O número de prazas alcanza as 1.795. Deste xeito, as 1.555 prazas para persoas usuarias directas (xa contempladas no anterior contrato, de 2013) engádense agora outras 180 prazas, dirixidas a persoas que, convivindo co titular do servizo, reúnen tamén os requisitos para ser beneficiarias, e que disporán dunha unidade de control remoto adicional para o seu uso exclusivo, e outras 60 persoas beneficiarias indirectas, aquelas que convivindo coa persoa usuaria e necesitando das prestacións e atencións que este proporciona, carece de capacidade física, psíquica ou sensorial para poder utilizar por si mesma esta atención. Esta persoa usuaria indirecta non ten unidade de control remoto e debe ser dada de baixa ao mesmo tempo que a titular, salvo que pase a depender doutra persoa usuaria titular coa que tamén conviva.
A maiores, este novo prego contempla outras melloras, como son a achega de balde de 60 terminais a maiores dos 1.555 esixidos obrigatoriamente á adxudicataria; de ata 48 dispositivos periféricos vinculados ao terminal de Teleasistencia (detectores de caídas, de gas, de fumes, de movemento e de presencia), incluíndo a súa instalación, mantemento e prestacións vinculadas aos mesmos; de ata 48 terminais de teleasistencia móbil que conten cun sistema de xeolocalización e monitorización, que permita a emisión de alarmas e a localización da persoa usuaria; e de terminais que faciliten a utilización do servizo a persoas con dificultades de comunicación verbal ou auditiva (dispositivos móbiles con software específico que permiten á persoa usuaria activar unha alerta no Centro de Atención de forma sinxela). Todas estas melloras non estaban contempladas no contrato do 2013.
Rivera subliñou que o servizo de teleasistencia é unha prestación que garante atención as 24 horas do día e os 365 días do ano a todos os maiores da provincia con dificultades na súa autonomía, favorecendo “a permanencia e a integración no entorno familiar e social das persoas usuarias deste servizo, sobre todo dos que viven no rural”. “Grazas a esta iniciativa, os usuarios e os seus familiares viven con máis tranquilidade, pois saben que, a pesar de ter dificultades ou vivir sos, contan cun sistema de chamada en situacións de emerxencia”, indicou.
O Deputado, que xestiona na súa área este servizo, explicou así mesmo que esta prestación, xunto a outras iniciativas como o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar, a rede pública de residencias de maiores ou mesmo os plans de fomento do emprego, “son parte da rede de protección social que creamos na Deputación de Lugo para contribuír á igualdade de oportunidades e suplir a deixadez de funcións da Administración que ten as competencias en materia social e laboral, a Xunta de Galicia”.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.