Mondoñedo, 27 de febreiro de 2020.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, coñeceu hoxe da man da alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e os rexedores de Abadín, José María López, e de Riotorto, Clemente Iglesias, os programas postos en marcha en materia de inclusión co apoio da Consellería de Política Social para axudar ás persoas que están en risco de exclusión social nestes municipios.
Arturo Parrado, que coñeceu as necesidades e as propostas de mellora neste eido, destacou a importancia de que as administracións públicas actúen de forma coordinada para que os servizos e axudas sexan máis eficaces e cheguen á xente e aos fogares que verdadeiramente precisan de apoio. Así mesmo, abordou a necesidade de continuar a afondar na colaboración entre a Xunta e os entes locais para favorecer a plena integración das persoas cun maior risco de vulnerabilidade.
Ademais, o director xeral visitou centro sociocomunitario de Mondoñedo, onde coñeceu a valoración que fan algúns dos seus usuarios do programa de actividades que teñen lugar neste inmoble. En concreto, estivo cos asistentes a unha actividade de fisioterapia e a unha clase de informática dirixida a persoas que se atopan en situación de exclusión social.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



