Santiago de Compostela, 20 de marzo 2020. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, manifesta a “total e leal” colaboración do BNG para saír da crise e pide ao goberno galego “medidas potentes” e anticiparse para ofrecer unha mellor resposta sanitaria, social e económica. Neste sentido, considera que hoxe Feixó perdeu un día máis para pedir “blindar” Galiza das zonas de maior contaxio como Madrid e pon como exemplo Canarias e Baleares que, con menos casos que Galiza, tomaron medidas para frear a expansión do virus. “Blindar Galiza é unha medida de responsabilidade para evitar contaxiar a outros territorios ou recibir contaxios das zonas que están en peor situación”, recalca a portavoz do BNG.
Por outra parte, Pontón tamén manifesta a preocupación da forza nacionalista pola falta de material médico e de protección. Este feito, asegura, demostra que centralizar competencias non dá mellor resposta á crise. Non vale de nada queixarse pola falta de material e despois apoiar a suspensión das competencias da Xunta neste ámbito polo que “instamos a Feixóo que faga o que teña que facer para garantir que hai material médico de protección suficiente”.
Protección para as residencias de maiores cun Plan de choque
Ante a situación xerada nas residencias de maiores, o BNG pide que se poña en marcha “un plan de choque” para protexer ás persoas usuarias e ofrecer as máximas garantías ás traballadoras e traballadores e nesta liña deben realizarse probas de coronavirus “en todas as residencias de maiores, tanto a persoal como residentes” e intervir as residencias privadas mentres dure a crise sanitaria coa finalidade de coordinar medidas e dar unha resposta a un sector tan vulnerábel.
Recursos para as persoas máis vulnerábeis
No ámbito social, o BNG urxe á Xunta a dotar unha liña de fondos propios para axudas a persoas sen recursos para dispoñer dun mínimo vital co que facer fronte aos gastos de alimentación.
Medidas de apoio contra as consecuencias da crise económica e laboral
Para a nacionalista, “a Xunta está quedando atrás” á hora de dar resposta a unha crise que xa provocou o despedimento de miles de persoas, pechou negocios e pon en grave risco as pequenas e medianas empresas. Neste ámbito, o BNG propón: Crear unha Mesa Galega de Axentes Socias e Económicos con partidos, sindicatos e patronal co fin de concitar consensos para “abordar as consecuencias económicas e sociais dunha crise que vai mudalo todo”.
Crear unha liña de axudas, entre 1.500 e 2.000 euros, para autónomos que cesen actividade ou diminúan ingresos nun 75%. Dotar dun “cheque de emerxencia” para autónomos e pequenas e medianas empresas para sufragar os gastos correntes dos negocios ao que sumou, o “peche da actividade do marisqueo” con axudas para lucro cesante”.
Redefinir o Xacobeo 2021 e apoio á Cultura galega
Finalmente, a portavoz do BNG reclama “redefinir” a programación prevista para o Xacobeo 2021 con apoio preferente á cultura galega con liñas de axudas “extraordinarias” para o sector cultural ante a paralización da programación prevista neste trimestre.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



