Burela, 20 de marzo de 2020. Burela ven de reforzar o equipo do Servizo de Axuda no Fogar con Persoal do Concello que se dedicará a realizar as compras tanto de comida como de medicamentos ás persoas máis vulnerables.
A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, aclara que “o Servizo de Axuda no Fogar séguese mantendo nos domicilios onde aos usuarios se lles realiza atención persoal (aseo, levantarse da cama, mercar medicamentos e comida, administrar a medicación, facer a comida…) non sendo así para os domicilios que soamente recibían atención doméstica, é dicir limpeza da vivenda e que ademais teñen coidadores dentro da propia familia”.
A edil burelesa subliña que “de 67 persoas que se atenden habitualmente con dependencia, séguese a prestar atención de carácter persoal a 39 persoas. Ás outras 28 non se lles fai atención doméstica (limpeza do fogar e saír de paseo), que era o que se lles viña facendo. De feito 10 destas 28 persoas xa nos pediron directamente eles que prescindiramos do servizo. Aos 18 restantes, se non teñen familia, ofrecéuselles ir á compra para evitar que saian da casa”.
Carmela López engade que “no SAF de libre concorrencia, de 28 usuarios, un so tiña atención persoal, que se mantén, e 27 atención doméstica. Destes 27 estanse atendendo 3 porque non teñen familiares cerca e a 13 estáselles indo á compra e á farmacia. Esta medida tomouse falando previamente con cada familia e buscando a súa colaboración”.
A concelleira explica que “a maiores do equipo SAF do Concello para facer as compras de comida e medicamentos, reforzamos este dispositivo con máis traballadores do Concello que agora mesmo non poden desempeñar as súas funcións habituais. Para así centrarnos en poder saír á rúa non soamente para as persoas desas listas senón para todas as persoas vulnerables do noso pobo que non teñen que os coide cerca. Aproveitamos para darvos as grazas pola vosa implicación, e por saír á rúa polo ben de todos. A este equipo de persoas, que irá acreditado, daráselle prioridade nas colas da caixas das tendas de alimentación e farmacias, para que poidan atender ao máximo número de persoas posibles. Ademais, para saír disporán de material e protocolos de actuación estritos para evitar os contaxios”.
López engade: “para isto, xa publicamos un teléfono ao que poden chamar 982.58.13.13. Ademais estamos en contacto cos Centros de Día, Centro de Saúde, Fundación Eu Son, Cruz Roja, Cáritas Parroquial, Centro San Aníbal e tendas de alimentación e farmacias do pobo para que nos vaian enviando información sobre calquera persoa maior ou que pertenza a un grupo de risco para poder garantir que non saian á rúa. Á rúa saímos nós”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



