Madrid, 5 de marzo, 2020. “Temos que ir todos xuntos da man”, proclama, e compromete o apoio do PP ao estatuto para a industria electro-intensiva se o Goberno de Sánchez cumpre co que leva prometendo un ano apuntou en San Cibrao o lider dos populares quen tende a man ao Goberno para resolver o que sucede en Alcoa e comprométese a apoiar unha dotación orzamentaria de axuda a esta industria, aínda que o Executivo non queira pactar co PP os PGE
Casado pide unidade ao resto de parlamentarios galegos do PSOE -que onte nin sequera molestáronse en votar a proposta do PP no Senado- e do BNG, socio dun Goberno que ten que cumprir a súa palabra, e esixe que o estatuto da industria estea aprobado durante o mes de marzo vía decreto ou decreto-lei, para non chegar ata o 5A e logo deixar a 5000 familias esquecidas.
Tamén trasladou unha mensaxe “en positivo” a favor das máis de 5000 familias que dependen da fábrica de Alcoa e pide a Sánchez que o futuro estatuto para as industrias recolla as alegacións dos gobernos de Galicia, Asturias e Cantabria. Lembra que Alcoa conta con máis de 2000 traballadores, crea un emprego indirecto de máis de 5000 postos de traballo na provincia de Lugo, supón “máis do 20 % do PIB” e é unha empresa que “dá traballo de calidade e xera valor engadido”, polo que Sánchez debe facer algo canto antes.
Por último Casado Reclama que, do mesmo xeito que o PP apoiou as reivindicacións da industria do motor, débense compensar os requisitos ambientais coa maior competitividade industrial.








Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



