Lugo, 10 de maio de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, informa de que a institución vén de reactivar os procedementos de licitación para contratar obras, servizos e subministros públicos. Fíxoo ao abeiro da decisión adoptada polo Goberno central de levantar a suspensión deste tipo de procedementos que se incluíra no decreto do 14 de marzo que estableceu o estado de alarma.
Desta forma, a Deputación volve a promover expedientes de contratación, o que supoñerá “un importante estímulo para a economía da provincia, para o tecido empresarial e, polo tanto, para o mantemento do emprego”, destacou o Presidente, tendo en conta que, segundo recolle o Plan de Contratación aprobado polo Goberno provincial, a Deputación sacará adiante neste ano máis de 200 contratos por un importe total de preto de 20 millóns de euros.
“A inxección de recursos que supón a contratación e execución de obras, servizos e suBministros públicos é un factor moi importante para a reactivación económica”, incidiu José Tomé.
O Presidente lembrou neste sentido que durante o estado de alarma, a Deputación de Lugo mobilizou recursos económicos para inxectar tanto nos 67 concellos da provincia, como no tecido social e económico da provincia por importe de máis de 55 millóns de euros co fin de paliar os efectos da crise sanitaria da Covid-19 na cidadanía, nos municipios e nas empresas e autónomos.
Fíxoo a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2020, dotado con 21,3 millóns de euros; cos adiantos nos pagos mensuais ata xuño de 11 millóns de euros aos municipios que teñen delegado na institución a xestión de impostos municipais e coa liquidación da recadación do 2019 destes mesmos concellos por 11,5 millóns de euros; co pago a provedores por 2,3 millóns de euros; co pago de subvencións ou coa activación do Plan Estratéxico de Subvencións, con 5,7 millóns de euros de orzamento.
A combinación do traballo a distancia e das quendas presenciais do persoal permite o funcionamento da maquinaria administrativa da Deputación para materializar as decisións e medidas tomadas polo Goberno provincial durante o estado de alarma e mobilizar recursos económicos para poñelos a disposición dos concellos e do tecido social e económico da provincia.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



