Compostela, 14 de maio de 2020. A Mesa exíxelle ao Partido Popular que deixe de traballar pola completa desaparición da nosa lingua, despois de que o PP da Coruña reclamase que o galego non sexa lingua vehicular nas escolas infantís municipais da cidade. “Se o que queren é eliminar a liberdade de utilización plena e a posibilidade dun mínimo coñecemento da nosa lingua”, advirte o presidente da entidade, Marcos Maceira, “deben dicilo con claridade, explicando as razón dese desprezo pola lingua de Galiza e deixar de empregar argumentos falsos para facer valer unha posición que só indica desprezo absoluto polos galegos e polas galegas e pola súa lingua”.
A entidade de defensa da lingua manifesta os seus parabéns ao concello da Coruña, por facer uso das súas competencias e incidir na necesidade de o galego ser a lingua vehicular nas escolas infantís municipais e espera que esta iniciativa sexa recollida polo conxunto de concellos de Galiza. Lembran que, no último estudo que realizou sobre a educación no curso 16/17, o 89,19% dos centros da cidade empregaba moi maioritariamente ou exclusivamente o castelán como lingua de aprendizaxe. Pola contra, os centros que declaraban empregar maioritariamente o galego como lingua de aprendizaxe eran o 2,70%. Só un 8,11% dos centros, dicía equiparar o emprego de ambas as linguas.
“A exclusión do galego froito da política de eliminación promovida polo PP desde 2009, con Alberte Núez Feixoo como presidente, e que agora pretende reimpulsar o PP da Coruña”, denuncia Maceira, “foi de especial virulencia nas etapas infantís e nos espazos de lecer”. Outro estudo da Mesa sobre a programación televisiva indica como os contidos específicos en galego para o público infantl e xuvenil se cinguen ao 4,6% do total na programación diaria e cae ao 2,7% na fin de semana. Mentres, só o 0,6% dos xogos e xoguetes que se encontran no mercado teñen opción de galego, segundo o informe publicado ao respecto.
O propio IGE indicou recentemente que o 24% dos menores de 15 anos din ser incapces de falr galego. “Esta é a situación á que levou o idioma de Galiza a última década de agresión desde os poderes públicos que teñen a obriga de promover o galego”, asegura o presidente da Mesa, “incluído o Concello da Coruña”. “Esta situación alertou tanto ao comité de expertos para a Carta Europea das lingua rexionais e minorizdas do Consello de Europa como ao propio Comité de Ministros”, remata, “que indicou expresamente que as restricción ao ensino de galego en Galiza deben ser eliminadas”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



