Santiago de Compostela, 5 de maio de 2020. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar en Contratos de Galicia a licitación da rehabilitación integral do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora (Mondoñedo), por importe de 687.323,34 €. Está previsto executar os traballos de interior en verán e compatibilizar o remate dos de exterior coa actividade docente. As obras teñen un prazo de execución de 3 meses e son susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
As actuacións contemplan unha parte programada de xeito específico para a mellora da eficiencia enerxética do centro, a través do illamento polo exterior mediante sistema SATE e do forxado baixo cuberta con paneis de la de roca 10 centímetros. Así mesmo mudaranse as fiestras actuais por carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo. Tamén se substitúen as caixas de persianas, por un sistema “monoblock” con illamento incorporado e instalaranse novas luminarias con tecnoloxía LED, con detector de presencia en zonas comúns.
A maiores, colocaranse falsos teitos nos locais que carecen del (salvo corredores e vestíbulos), renovaranse os aseos de profesorado e alumnado da planta alta, repararanse e pintaranse os paramentos interiores, lacaranse as portas, pulirase o chan de terrazo e colocarase novo vinílico nas aulas da planta primeira, en substitución do existente.
Ademais, instalarase un ascensor para mellorar a accesibilidade do centro e ampliarase e renovarase o ximnasio (incluídos os servizos hixiénicos anexos.)











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



