Viveiro, 6 de maio de 2020. O Concello de Viveiro informa á veciñanza que este xoves 7 de maio, volverá celebrarse “con determinadas limitacións” o mercado semanal da Praza Maior.
A decisión deriva da resolución da Consellería do Medio Rural da Xunta que, o pasado 4 de maio, acordou levantar a partir desa data a prohibición relativa á realización dos mercados tradicionais que teñen lugar nos concellos de Galicia con venda directa de produtos agrícolas e gandeiros, establecendo unha serie de requisitos.
En virtude desta resolución e atendendo ás limitacións impostas, a partir de mañá permítese a celebración do mercado semanal da Praza Maior, no que poderán instalarse unica e exclusivamente aqueles postos de persoas titulares da explotación agraria con actividade inscritas na sección de venda directa (SEVEDI) do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA), dedicados á venda directa de produtos agrícolas e gandeiros do sector da alimentación e produtos perecedoiros.
Aedmais, hai que garantir a limitación de aforo máxima do 25% dos postos habituais ou autorizados e unha afluencia inferior a un terzo do aforo habitual. Atendendo ás limitacións impostas con respecto ao tipo de venda autorizada e segundo os postos que viñan instalándose no mercado semanal de Viveiro, na súa reanudación poderán instalarse unicamente dous dos postos habituais, por ser os únicos inscritos na sección de venda directa do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
Dende o goberno municipal, quérese informar aos veciños e veciñas dalgunhas das limitacións ou requisitos establecidos nesta resolucións para que sexan tidos en conta:
Os postos deberán atoparse separados por unha vía de tránsito e cunha distancia mínima entre eles de 6 metros. Permítese unha separación mínima de 4 metros entre os laterais, evitando que os postos de venda se atopen de fronte uns a outros.
Dentro dun mesmo posto as persoas vendedoras deberán gardar entre si unha distancia mínima de 2 metros, quedando restrinxida a actividade comercial a un único operador no caso de que as medidas do posto non fagan posible esta separación física.
Recoméndase aos responsables dos postos poñer a disposición da clientela luvas desbotables. En todo caso, será indispensable o uso de luvas para tocar os produtos en venta. Recoméndase contar con dispensadores de xel desinfectante para uso tanto das persoas vendedoras como das persoas usuarias de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias.
A distancia mínima entre cada persoa usuaria do mercado será de 2 metros coas excepcións que establece ao efecto a normativa estatal.
Durante a celebración do mercado, a Policía Local velará polo cumprimento destas e das demais limitacións establecidas, referidas a disposición dos postos ou á recollida dos refugallos xerados.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



