Lugo, a 3 de maio de 2020. Parte dos agricultores e dos gandeiros da provincia de Lugo case non están xerando ingresos porque a súa actividade económica principal, que consiste en comercializar os seus produtos en feiras ou nos mercados ao aire libre, se atopa paralizada por mor da crise sanitaria que azouta ao país a consecuencia do Covid-19. É por este motivo polo que os senadores lucenses, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Lorenzo Varela, pedirán na Cámara Alta que o Goberno destine axudas para este colectivo, outro dos grandes prexudicados por mor da pandemia, e cuxa actividade poderá ser retomada a partires deste luns, 4 de maio, logo da autorización concedida pola consellería do Medio Rural.
O 31 de marzo, cando a situación sanitaria en España era máis que preocupante, a Xunta de Galicia prohibiu con total previsión a celebración deste tipo de comercialización en toda a comunidade, e fíxoo cunha Orde pola que se adoptan medidas de carácter obrigatorio en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da Emerxencia Sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venda de vexetais para a plantación de hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos de realización de actividades agrarias.
O goberno de Galicia, no marco da súa estratexia de paliar as consecuencias socioeconómicas do coronavirus, ten xa formulado consultas ao central para poder reabrir os mercados ao aire libre. O seu peche provocou que agricultores e gandeiros, que se dedican á venda directa, padecesen os efectos negativos da pandemia; xa que, en moitos casos, a venta directa nestas canles comerciais é a súa única vía de ingresos.
Ademais, é necesario ter en conta que estes profesionais continuaron incorrendo en gastos, a pesares de non poder efectuar a súa actividade, xa que nin os animais, nin as colleitas entenden de crises e seguen precisando alimento, rego e, en definitiva, coidados que implican tantos recursos económicos, materiais e humanos.
Por todo elo, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela instarán ao Goberno a que explique que previsións manexa para que as perdas deste colectivo non sexan tan elevadas e que medidas contempla para reactivar a súa economía.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



