Viveiro, 4 maio de 2020. “A alcaldesa de Viveiro ofrece aos veciños un plan de intervención municipal para paliar os efectos da crise sanitaria provocada polo coronavirus Covid-19 que lle debe ao PP o que ten de bo, e a incapacidade da alcaldesa, todo o demais, como, por exemplo, unha evidente falta de previsión para executalo”. Este o resumo que fai o portavoz do PP no Concello de Viveiro, Óscar Rodríguez, do conxunto de medidas anunciado polo goberno municipal fronte aos distintos perfiles da crise sanitaria e as súas consecuencias económicas.
Na reunión de portavoces mantida a finais desta mañá, Rodríguez expresou unha vez máis a vontade de colaboración leal e traballo dos concelleiros do seu grupo. Pero tamén deixo claro que a alcaldesa, María Loureiro, e o seu equipo, non teñen ningún desexo de contar co Partido Popular. “A mellor demostración do que dicimos é o conxunto de medidas que acaba de presentar o goberno municipal. Son practicamente un corta e pega das máis de vinte propostas que presentamos os concelleiros do PP, formalmente, por rexistro, pero non se contou con nós para nada”.
Óscar Rodríguez di que, sendo as medidas anunciadas, na súa maior parte, as propostas polo PP, non é fácil de entender que non se consultara aos autores das iniciativas para preguntar, polo menos, como cren que se deben executar. “Ademais de cortesía política elemental, algo do que anda moi escaso o goberno municipal, sería o lóxico dado que foi o PP o que pensou cales podían ser as medidas máis eficaces para paliar os efectos da crise; e foron feitas pensando en que foran viables, executables tendo en conta os recursos de que dispón o Concello de Viveiro”.
Rodríguez tamén declarou: “Os socialistas, polo menos en Viveiro, teñen un grave problema: carecen de ideas para gobernar. É algo que se aprecia mes a mes. Cando non están paralizados, reaccionan tarde e mal, e sempre mirando a ver que lles din na Deputación, que, como xa está sobradamente demostrado, tamén está especializada en chegar tarde para solucionar os problemas da provincia”.
Pese a todo, o portavoz do PP insiste: “A nosa vontade de colaboración, a nosa decisión de sumar nun momento tan difícil como este, é firme e non se vai alterar porque a alcaldesa e o seu equipo escapen de reunirse con nós máis que cando é absolutamente inevitable. Agradecémoslle o recoñecemento da calidade das nosas propostas, pero queremos axudar para levalas a cabo, porque, nós, que as deseñamos, sabemos que son as que necesita Viveiro. Pero, claro, dito con todo o respecto, se as aplican vostedes sen axuda, moito nos tememos que non dean os resultados desexables”. “Seguimos esperando que cambie de actitude e seguimos tendendo a man para colaborar”, di Rodríguez.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



