
Protection people health and insurance concept. Hand shield protect wooden human on table
Lugo, 9 de xuño de 2020. A Xunta de Galicia aclara que o Concello de Viveiro non accedeu á subvención para contratar a perceptores de Risga porque solicitou esta axuda o último día de prazo, a pesar de que a convocatoria establecía que se daría prioridade as axudas por orde de entrada.
O Goberno galego lamenta que poida causar malestar a perda dunha axuda cando os criterios de selección eran claros, obxectivos e coñecidos desde o momento da convocatoria. Na administración autonómica causa sorpresa a crítica do Goberno local cando eles mesmos non tiveron interese en solicitar a axuda a tempo e dándolle a importancia e prioridade que agora din que ten.
A convocatoria das axudas da Xunta para a contratación de Risga publicouse no Diario Oficial de Galicia o 28 de xaneiro de 2020, nela se establecía un prazo de solicitude que se prolongaba durante un mes, desde o 29 de xaneiro ao 28 de febreiro. O Concello de Viveiro foi dos últimos municipios en solicitada, precisamente o 28 de febreiro, polo que quedou fóra do reparto.
Desde a administración autonómica aclaran que todos os concellos da Mariña que solicitaron apoio recibiron a axuda da Xunta, porque presentaron a documentación con anterioridade, o que permitirá a este municipios contratar, co apoio da Xunta, a 21 persoas perceptoras da Risga durante 9 meses e co custe salarial financiado polo Goberno galego.
Así, recibiron axuda na convocatoria 2020 os municipios de Xove (1 contrato), Cervo (2 contratos), Ribadeo (5 contratos), Mondoñedo (1 contrato), Foz (5 contratos), Barreiros (2 contratos), Burela (5 contratos) o que supón un investimento da Xunta que supera os 258.000 euros. O número de contratacións distribúese tamén de xeito obxectivo en función do número de perceptores da Risga que residen no municipio a data 31 de decembro de 2019.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



