Compostela, 18 de xuño, 2020. “Celebramos la renovación del acuerdo pesquero UE-Cabo Verde”. Así o manifestaron este xoves a candidata de Cs á Presidencia da Xunta de Galicia, Beatriz Pinoo, e o portavoz de Pesca de Cidadáns no Parlamento Europeo, Adrián Vázquez, tras aprobar o Parlamento Europeo a renovación do acordo pesqueiro da Unión Europea con Cabo Verde, do cal se benefician miles de familias en lugares como Galicia, que ten máis de cincuenta barcos pescando nesas augas.
O eurodeputado de Renew Europe asegurou que “la renovación del acuerdo es muy importante para el sector pesquero español, que tanto ha sufrido en esta crisis de la COVID-19 y, en especial, para la pesca gallega”. “Por esta razón, desde Ciudadanos, hemos votado para renovar el acuerdo y que los buques gallegos puedan continuar su actividad en la zona”, continuou.
“El sector pesquero ya está especialmente afectado debido a la pandemia del coronavirus como para añadir más bloqueos. Las instituciones tenemos que trabajar para desbloquear problemas y es justamente lo que estamos haciendo hoy. Es un logro importante para nuestro país y para muchas familias gallegas que podrán seguir viviendo de faenar esas aguas”, declarou o europarlamentario.
Pola súa banda, Pino fixo fincapé en que “todo lo que se pesca en las aguas de Cabo Verde, como el atún o el pez espada, se descarga en España a través del puerto de Vigo”. “El acuerdo es fundamental para la economía de miles de familias en Galicia que seguirán viviendo de lo que faenan los barcos españoles en esas aguas. Hablamos de más de 400 empleos directos de marineros gallegos”, subliñou.
A resolución do Parlamento implica, á súa vez, un incentivo económico e laboral nas illas de Cabo Verde a través das plantas de loxística, transformación e conxelación do peixe. A Unión Europea comprométese tamén a seguir apoiando a Cabo Verde con investimentos no seu sector pesqueiro e con axudas ao desenvolvemento. “Gracias a este acuerdo la flota europea podrá seguir pescando en esas aguas cumpliendo estrictamente con sus cuotas y con toda la regulación medioambiental”, remarcou Vázquez.
É por iso que os parlamentarios finalizaron poñendo en valor a decisión da Eurocámara e celebrando a renovación do acordo como incentivo para o sector pesqueiro galego, “motor esencial para la economía de la zona y, en general, del sector primario, y que nos abastece de alimentos fundamentales para nuestra dieta mediterránea”. “Buenas noticias para nuestra pesca que merecen y cuentan con todo nuestro apoyo, desde Galicia y desde Europa”, concluíron.























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



