Lugo, 17 de xuño de 2020. A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, visitou o concello de Navia de Suarna xunto co edil do BNG, Roberto Carballo. Na visita a candidata do BNG destacou que “Navia é o exemplo da perda de servizos públicos que as políticas do Partido Popular aplicou nos últimos once anos, especialmente para a poboación do rural”. “O rural pode ser un motor estratéxico do desenvolvemento económico e social do país, especialmente no sector agrogandeiro e forestal, mais tamén no cultural e nos coidados”, afirmou Olalla Rodil
Olalla Rodil e Roberto Carballo visitaron o centro de saúde de Navia de Suarna, que conta só cun médico. A candidata do BNG criticou que “os recortes do Partido Popular fixeran que un concello quede co seu centro de saúde desatendido se o único médico dispoñible ten que saír a atender unha urxencia ou realizar unha visita domiciliaria”. Segundo Olalla Rodil, “o goberno da Xunta de Galiza maltratou nesta década á veciñanza do rural eliminando servizos públicos esenciais como a sanidade”.
“No BNG traballaremos a partir do 12 de xullo en cambiar esta situación, deixar atrás as políticas fracasadas do PP e facer que vivir no rural non ten que ser nin un acto heroico nin unha carreira de obstáculos”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “o piar fundamental do BNG no Goberno da Xunta será recuperar os servizos públicos e apostar por un novo modelo de desenvolvemento rural que favoreza o acceso a estes servizos ás persoas que aposten polo desenvolvemento no rural”
Valoración do Barómetro do CIS
A candidata do BNG por Lugo valorou os resultados do barómetro publicado onte polo CIS. Olalla Rodil lembrou que “a única enquisa válida é a que o pobo galego emita nas urnas o 12 de xullo”. “Precisamos un cambio real na Galiza, e para iso o primeiro paso será converter a Ana Pontón na primeira presidenta da Xunta de Galiza”, sentenciou Olalla Rodil.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



