Din que se aprende moito por imitación. Que a educación é a clave do futuro. Que a loita contra o COVID-19 pasa tamén pola nosa propia educación. Que a educación formal nesta España nosa está de capa caída por culpa do(s) goberno(s) que priorizan en contra do ensino (e da educación, nin se sabe)… Mellor comezar pola primeira frase. A quen imitar? Pois a quen é recoñecido: a quen é famoso, que ‘por algo o será’, a quen logra difusión nas novas, que por algo se difundirá. Van embaixo, para analizar esa posibilidade de imitación, varias novas que se poden atopar nos xornais estes días, aínda que unhas de xeito máis doado que outras…
1.Nun caso moi ilustrativo sobre o valor da educación, con poucas horas de diferenza, miro dúas novas relacionadas. Na primeira, dous grandes clubes -é dicir, de fútbol- fan unha petición de 200 millóns de euros para pagar ó seu persoal estelar. Obtén unha ampla difusión. A segunda ten menor difusión. Trátase dun dos deportistas motivo de que os clubes pidan cartos públicos, cun coche novo. Cunha particularidade, o Bugatti sobrepasa ben os dous millóns de euros. Poden botarse contas de canto tempo necesita quen está lendo para obter eses cartos (non digo para aforralos). A dicir que o caso non é único esta primavera.
2.Outro par de novas relacionadas entre si: un presidente autonómico pide, encarando o fin do estado de alarma, adicar a outras cousas os cartos propostos polo estado para a adecuación da educación á situación actual co COVID-19. Antes de 24 horas, nesa mesma autonomía explícase que se rebaixan as condicións de separación de alumnado nas aulas para o próximo curso debido ó seu custe.
3.O satélite SEOSAT-Ingenio está listo para enviar á base de lanzamento. Esta é quizáis a máis difícil de atopar das novas citadas, pois ó fin, trátase dunha aplicación tecnolóxica con fins científicos, e leva só oito anos de atraso sobre os tempos previstos. Pode que por iso ó proxecto -español- non tiveran tempo de poñerlle un nome completo en castelán e quedara co de “Scientific Earth Observation Satellite”, SEOSAT.
Poderíamos seguir con moitos, moitos máis exemplos grandes e pequenos, difundidos ou máis calados, que animan a cultivar a educación persoal e social neste lugar que se chama España. Mais polo momento, podemos sacar algunhas leccións:
*Os cartos son máis importantes para os ricos (e os ricos para os cartos) que para a educación (e a educación para os cartos).
*Non importa ter cartos para educación: ó fin, poden cambiarse os criterios e xa non son necesarios.
*Non fai falta ter en conta, en moita consideración, a propia lingua, pois quen está a querela cambiar por outra parece que tampouco considera moito a súa propia.
Unha nota final: pensa se te gusta imitar a proposta que te fan con esas novas.



















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



