Viveiro, 13 de xuño, 2020. Desde o BNG cremos que hai que pór en valor e darlle a máxima das vantaxes e prioridades a unha mobilidade respetábel co medio ambiente, saudábel e económica para as persoas, tales como a bicicleta e os novos medios de transporte a batería de mobilidade individual, como os patíns eléctricos. Míriam Bermúdez afirma “Viveiro é unha vila con futuro mais para isto hai que traballalo. A crise do coronavirus fixo ver que a veciñanza quere apostar por este tipo de mobilidade e que en gran parte non o fai ao non sentirse seguros, pois, viandantes, ciclistas, automobilistas e persoas sobre patíns, atópanse en numerosas ocasións que non saben cómo actuar, cunhas leis que non son de todo precisas, e incluso moitas delas, nen sequera están actualizadas.”
“Ningunha cidade se volveu sustentábel da noite ao día, nin espertou con centos de quilómetros de carrís bici dun dia para outro. Hai que comezar pouco a pouco, pois as promesas de grandes obras con numerosos quilómetros de carrís bici dependen dun gran desembolso económico que na maioría dos casos nunca saen para adiante ao depender de tantas administracións, xa non falemos das longas esperas para formalizar estes proxectos e actuaccións”, indica Míriam Bermúdez.
“O BNG teno claro e agardamos que nos sigan o resto de forzas políticas, hai que traballar na coexistencia de bicicletas con outros vehículos, priorizar a seguridade dos ciclistas comezando por implementar ciclorúas nas zonas máis urbanas do concello, así como ir comezar a sinalar carrís-bici nas zonas do concello que o permitan, para pouco a pouco ir conectándoos”, asegura Bermúdez. As ciclorúas son viais con preferencia ciclista que pode ser usadas tamén por patíns eléctricos, nas que as persoas que utilicen estes medios de transporte terían a máxima das preferencias fronte o resto, coa obrigatoriedade de circular polo centro do carril e limitar a velocidade destas estradas a 30 km/h.
A concelleira nacionalista tamén propuxo “seria esencial ir dotando o Concello de aparcabicicetas na medida que se poida, dispersos polos lugares públicos e de gran afluencia para comezar, que sexan seguros permitindo atar a bici ao cadro, visíbeis e iluminados. Mesmo hai que permitir amarrar libremente as bicicletas e patíns en farolas e árbores sempre e cando permitan unha mobilidade peonil cómoda. Tamén é preciso habilitar zonas avanzadas de espera para ciclistas nos semáforos, que son espazos para uso exclusivo dos ciclistas para que se poidan situar diante dos coches detidos nos semáforos en vermello.
Cremos que hai que comezar por instaurar estas zonas de preferencia ciclista nas zonas máis urbáns do Concello, conectándoas entre si para logo ir extendéndoas ao resto de parroquías xunto os carrís-bici que se poidan ir creando segundo as posibilidades de cada rúa. Como ben dixemos nun principio, ningunha cidade espertou con centos de quilómetros de carrís bici-patinete dun dia para outro, e hai que comezar dunha vez por todas con esta demanda histórica da veciñanza.
Míriam Bermúdez destaca que “é algo económico de implantar, só se necesita pintura e algún sinal vertical. Non podemos perder esta ocasión na que a xente está saíndo ás rúas coas súas bicicletas, pois atrasalo no tempo suporá non facelo, como ocorreu até o de agora. Si observamos as cidades que priorizaron a mobilidade sustentábel, ningunha se botou para atrás. É unha aposta segura!” afirma a concelleira nacionalista.
Míriam Bermúdez tamén aclara que “o BNG presentará a súa moción para o pleno en tempo e forma coma sempre, polo que estará á escoita de calquer suxerencia ou proposta que queira facernos a veciñanza así como do resto de forzas políticas co fin de obter os apoios necesarios no pleno para facer que Viveiro sexa ciclabél.”


























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



