Mondoñedo, 13 de xuño de 2020. O Concello de Mondoñedo logrou captar un total de 360.775,84 euros procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) que xestiona o Ministerio de Transición Ecolóxica a través do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE). Trátase de axudas a entidades locais para o desenvolvemento de proxectos singulares que o executivo local conseguiu para a renovación do alumeado público exterior do casco histórico da cidade e do alumeado ornamental da Catedral de Mondoñedo co obxectivo de diminuír o consumo eléctrico e aumentar a eficiencia enerxética.
Estes recursos únense aos máis de 76.000 euros que xa lograra captar o Concello na pasada anualidade e que, sumados aos 19.015 euros achegados pola administración local, permitiron ter xa instalados 350 puntos de luz no alumeado público exterior das parroquias do rural mindoniense. “Quixemos comezar coa renovación de puntos de luz nas parroquias do rural; pero, agora, estes proxectos de eficiencia enerxética estenderanse tamén ao noso casco histórico”, explican dende o executivo.
Dende o goberno local sinalan que “estes proxectos para os que foron concedidas as axudas gardan consonancia coa estratexia da Unión Europea de operar cara a un crecemento sostible” porque “permitirán diminuír o consumo eléctrico e, polo tanto, suporán un importante aforro enerxético para as arcas municipais; ao mesmo tempo que contribúen a renovar servizos públicos no noso municipio”.
Renovación do alumeado do casco histórico e da fachada da Catedral
A renovación do alumeado público exterior no casco histórico de Mondoñedo desenvolverase en dúas fases. A primeira -que supón un coste de 172.767,28 euros e que contará cunha achega de 138.213,82 euros de fondos FEDER- consistirá na substitución de parte das actuais luminarias por lámpadas LED máis eficientes e na actualización de dous cadros de mando existentes para adaptalos á normativa vixente. Con esta actuación conseguirase un aforro enerxético estimado do 48,11%.
A segunda fase, para a que foi concedida unha axuda de 97.512,48 euros do total do coste de 121.890,60 euros, permitirá renovar outra parte dos puntos de luz existentes e actualizar outro cadro de mando. Neste caso, a actuación permitirá lograr un aforro enerxético estimado do 59,20%.
O proxecto para a renovación do alumeado ornamental da Catedral de Mondoñedo recolle a substitución de 40 proxectores con lámpadas de vapor de sodio de alta presión por outros proxectores LED e a incorporación doutros 51 novos puntos de luz con esta tecnoloxía que é máis eficiente. Conseguirase, deste xeito, iluminar a mesma superficie que anteriormente cun total de 91 puntos de luz máis eficientes que suporán un aforro enerxético estimado do 70,98%. Tamén se actualizará o cadro de mando da iluminación ornamental da Catedral para adaptalo a normativa vixente. A subvención concedida, neste caso, é de 125.049,54 euros e o coste da obra de 156.311,93.


























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



