A Mariña, 20 de xuño, 2020. O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación do 22 de xuño en Burela en defensa do tecido económico e social da Mariña, que sairá ás 20:00 horas do hospital para rematar na praza do Concello. A nosa comarca leva anos sendo castigada co peche de empresas e cunha permanente sangría de postos de traballo no sector primario -agricultura, gandería e pesca- que non obtivo nunca o suficiente apoio e compromiso das diversas institucións públicas para freala. A maiores, a listaxe de empresas mariñás en crise ou que tiveron que pechar nos últimos tempos é longa: Alcoa, Ecar, Madeiras Lourenzo, Ecesa, Gres Burela, IPV, Macesa, Conservas Alonso, Mobles Hermida… Iso sen mencionar todo o tecido de pequenas empresas familiares rexentadas por traballadores e traballadoras autónomas que tamén se viron abocadas a pechar ou que o están pasando mal. As empresas viables con problemas deberían ser apoiadas sen fendas pola Xunta, a Deputación de Lugo e os concellos competentes; e aquelas cuxa viabilidade non sexa posible, deberíaselles ofrecer plans alternativos que garantan unha saída digna para os seus traballadores e traballadoras e as súas familias.
Ademais, tamén esiximos que o impacto ambiental herdado da actividade industrial, nomeadamente a balsa de lodos tóxicos de Alcoa en San Cibrao, sexa rexenerado pola propia empresa e restaurando o entorno ao seu estado orixinal de maneira que a vida e a actividade económica da comarca non fiquen hipotecadas a un eventual accidente ou rotura do dique que resultaría catastrófico e causaría danos permanentes e irreparables.
Somos unha bisbarra eminentemente rural, cun sector agrogandeiro moi potente que, segundo cos últimos datos do Instituto Galego de Estatística, correspondentes a 2009, mantén máis de 3.500 unidades de traballo agrario, riqueza que se multiplica se pensamos nas empresas auxiliares que dependen do campo.
Porén, a pesares da importancia vital para esta bisbarra dos sectores agrogandeiros, nos últimos anos asistimos a un recorte brutal de servizos públicos de todo tipo que nos afectan a todos e a todas: sanitarios, educativos, sociais, oficinas agrarias comarcais, veterinarios, etc. As persoas que vivimos no rural somos as que padecemos máis estes recortes, pois as escolas e centros médicos que se están a pechar ou recortar son precisamente os de ámbito rural. Neste senso, cómpre demandar a recuperación da área sanitaria da Mariña e unha ampla cobertura en especialidades como Pediatría ou en Atención Primaria que achegue estes servizos esenciais a toda a cidadanía, tamén á do rural.
Ademais, no rural carecemos de transporte público, a calidade das vías de comunicación deixan moito que desexar, por non falar das telecomunicacións. Por se non abondase, vivimos nunha das comarcas galegas máis afectadas pola forestación ilegal de terras agrarias a mans do monocultivo de eucalipto, o que atenta contra a continuidade e desenvolvemento das explotacións agrogandeiras en activo.
Porén, A Mariña é unha bisbarra privilexiada, por clima e calidade das terras, para o desenvolvemento de calquera actividade relacionada coa produción alimentaria. Mais, en vez de ver plans ambiciosos para incorporar xente nova ao agro e xerar postos de traballo nestes sectores, o que estamos a vivir é o peche permanente de granxas precisamente pola falta de apoios públicos e de perspectivas para vivir nun entorno rural en franca decadencia polo abandono institucional.
Por todo isto, porque cremos no futuro da Mariña, e porque estamos convencidos e convencidas de que o futuro da Mariña será rural e agrario ou non será, o Sindicato Labrego Galego estará o 22 de xuño nas rúas de Burela para apoiar a manifestación en defensa do futuro da Mariña.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



