Lugo, 26 de xuño, 2020. Os candidatos ás eleccións autonómicas do 12 de xullo por Lugo, Elena Candia, Cristina Sanz e José Manuel Balseiro, participaron esta tarde nunha visita á Vrio Pack. Esta empresa, de gran importancia na cidade, fabrica bolsas de papel e, polo tanto, aposta polo sistema sustentable e ecolóxico, aproveitando o nicho de mercado que se abre coa progresiva eliminación das bolsas de plástico e, pola outra, adáptase á situación actual, promovendo a produción de 300.000 máscaras diarias.
“É un exemplo do compromiso empresarial coa sociedade lucense na crise sanitaria”, manifestou Candia logo de coñecer de primeira man o proceso que a entidade levará a cabo nas vindeiras semanas. Neste senso, a cabeza de lista defendeu que “a realidade que nos deixa a pandemia fai máis necesaria ca nunca a colaboración da iniciativa pública e privada, á que sempre apelamos dende o Partido Popular. En Galicia, a Xunta liderou notablemente a desescalada e, en Lugo, con esta empresa, vemos como a reactivación será máis rápida se todos arrimamos o ombro”, precisou.
XESTIÓN ÁXIL DA XUNTA
No marco desta colaboración levada a cabo polo Goberno de Feijóo, a popular cifrou en máis de 1,3 millóns as unidades de protección que se achegaron aos concellos da provincia e ás residencias públicas e privadas. Destas, 594.500 foron tamén máscaras.
“Foi un esforzo extraordinario porque así o requiriu tamén a propia situación. Cremos que a xestión en Galicia foi moito máis áxil que noutras comunidades”. Proba delo, engadiu, “é que o 88% das máscaras distribuídas nas catro provincias foron a conta da do Goberno autonómico mentres que o Goberno central tan só aportou o 12% restante”. Todo elo, engadiu, sen ter en conta que se contrataron 3.000 sanitarios para reforzar a atención a pacientes; se deron axudas aos autónomos, empresas e parados para paliar os danos da crise; ou se realizou un estudo epidemiolóxico pioneiro que, xunto coa realización de test PCR, permitiu controlar con máis eficacia o virus e dar máis tranquilidade e seguridade á poboación”.
UNHA EMPRESA REFERENTE
Vrio Pack instalará nunha nave de O Ceao a produción de sistemas de protección individual tanto cirúrxicas como FFP2, converténdose así nun referente de como ante momentos difíciles se hai que reinventar. O certo é que esta empresa xa o leva facendo de hai anos coa produción de bolsas de papel para substituír as de plástico en supermercados e comercio. Os populares puxeron así en valor a capacidade emprendedora do seu dirixente, pois en todo o país só hai media ducia de fábricas deste tipo.























Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.



