Lugo, 29 de xullo de 2020. A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, participou na presentación do Festival de Pardiñas, que celebra a 41 edición cun novo formato, deslocalizado e adaptado as medidas de prevención do coronavirus.
A Casa das Palabras de Guitiriz serviu de escenario para a presentación do festival organizado polo Asociación Cultural Xermolos que este ano levará concertos, proxeccións audiovisuais, presentacións de libros e coloquios culturais a diferentes parroquias do concello durante todas as fins de semana de agosto.
Ferreiro agradeceu “o esforzo feito pola asociación para reformular o Festival e adaptarse ás excepcionais circunstancias deste ano marcado polo incidencia do coronavirus” que, sinalou, “está complicando a celebración de festas e programacións culturais por todo o país”.
O impulsor do Festival, Alfonso Blanco, explicou que “optaron por persoas, colectivos e grupos das Terras de Guitiriz, Parga e Teixeiro e con outros que, sen ser daquí, estiveron sempre con Xermolos, contribuíndo a que o festival saira adiante”. “Concebimos a cultura como unha ferramenta contra outras pandemisas, como a da desigualdade e a inxustiza, por iso cremos que ante o coronavirus non podemos baixar as forzas. Temos que pelexar contra el”, expuxo durante a presentación na que tamén participou a alcaldesa de Gujtiriz, Marisol Morandeira.
A programación arrincará o sábado 1 de agosto na carballeira de Parga coa lectura do pregón a cargo de Afonso Castro (12.00 horas) e a apertura da Mostra de Artesáns de Instrumentos Musicais na que participarán preto de 40 artesás de todo o país. O grupo de música tradiconal Tres pesos ofrecerá un concerto en pequeno formato.
As actividades continuarán ao longo de todo o mes, abertas e gratuítas, a excepción do concerto de Uxía Senlle (3 de agosto no Campo de Guitiriz ás 21.00 horas), con entrada a prezo simbólico (2 euros) para facilitar o control do aforo. Os tickets están a venda en catro negocios de Guitiriz: Soa, Xoldra, Gaibor e Librería Castaño.
A área de Cultura da Deputación de Lugo achega 20.000 euros á organización do Festival.
A continuación, detallamos a programación completa.
Sábado, día 1 agosto 2020:
*Campo da Feira de Parga. Camiño Norte de Santiago
11:30h. Apertura da Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional.
12:00h. Pregón : AFONSO CASTRO.
13:00h.Presentación polo seu autor, XOSE MANUEL SÁNCHEZ REI, do libro:
XOSÉ MANUEL SEIVANE RIVAS. A GAITA CON MAIÚSCULA
Pasarrúas pola vila de Parga con Os Fiadeiros.
15:30h. Mesa redonda. Artesáns de instrumentos “Onte e hoxe de un oficio”
17:00h.Obradoiro de Baile Tradicional Galego: RUTH PÉREZ e MARÍA BESTEIRO da Escola de Música Tradicional de Xermolos.
17:30h. Apertura da Mostra
19:30.Concerto en pequeno formato do grupo de música tradicional TRES PESOS.
21:00.Peche da Mostra
Domingo, día 2 agosto 2020:
* San Alberte: Camiño Norte de Santiago
Presentación do libro de Mero Iglesias: “ No baleiro dunha soidade”, unha viaxe polo Camiño Norte que nos leva a Compostela
Pequeno Concerto de Música do grupo de gaitas Caivanca.
Luns, día 3 de agosto 2020:
* Guitiriz
Pasarruas de Grupos de Música Tradicional o mediodía: A.C. ANDRADE (Vilalba) e pola tarde : NO CÓMBARO (As Pontes).
21:00h. Concerto de UXÍA SENLLE no Campo da Feira de Guitiriz
Martes, día 4 de Agosto 2020
*Guitiriz – Campo da Feira
Estrea da película “María Solinha” coa presenza do seu director Ignacio Vilar, patrocinada pola Deputación de Lugo
Sábado, día 8 de agosto 2020
* Roca no Camiño Norte de Santiago.
Parladoiro: “San Xiao de Roca e o Camiño de Santiago” por Xaquín Campo
Cinema ao aire libre en Roca.
Exposición «Camiño ComPostal».Unha mostra do comisario e reporteiro gráfico Xosé Manuel Salgado de 110 postais históricas da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago.
CINEMA documental “Trobador no Camiño: Andares pola lírica do Martín de Pradozelos” Artistas convidados: A Quenlla
Domingo, día 9 de agosto 2020:
*Campo da Feira de Guitiriz:
CINEMA ao aire libre: Video de Kamy Iglesias: “O cine en Guitiriz”
Concerto aire libre dos grupos NUADA e BERTA FRANKLIN
Sábado, día 15 de agosto 2020:
* Parga no Camiño de Santiago
Presentación do libro “Mini e Mero” no Centro de Iniciativas e Turismo
Cinema ao aire libre: documental “Mini e Mero”
Domingo, día 16 de agosto 2020
* Santa Mariña
No palco: Concerto musical pequeño formato ao aire libre.
Na igrexa: Proxección do video do CENTRO SOCIAL GOMES GAIOSO de A Coruña adicado a Bebel e a súa familia dos Irmans da Lexía
Intervención de Selva García, sobriña dos Irmáns da Lexía
Audición musical na Igrexa: “Hermanos de la Lejía” do cantor arxentino Gustavo Fuentes
Ofrenda de frores no Monumento
Sábado, 22 de agosto 2020
*Campo da Feira de Guitiriz
Presentación ao aire libre do CD de David Gómez: “Ausencias”
Homenaxe ás e os nenos .
Festa dos nenos : espectáculo de humor
Entrega dos premios do XLI CERTAME TERRA CHA DE LITERATURA E DEBUXO INFANTIL E XUVENIL
Cinema: curtas premiadas,interpretacións musicais premiadas; nenas e nenos rapeiros
Exposición dos traballos
Domingo, 23 de agosto 2020
* Guitiriz, Casa Habanera: “Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero”
Presentación libro de Xulio Xiz: “Carballo Calero en Lugo. Don Ricardo de Fingoi”
Exposición: “Carballo Calero en Lugo. Don Ricardo de Fingoi”
Sábado, 29 de agosto de 2020
* Casa das Artes de Pardiñas
Homenaxe aos Artesáns de Pardiñas: presentación do Caderno: “O canteiro de Pardiñas”, Ramón Villar e o libro “Palleta maldita” de Sito Carracedo no seu obradoiro.
Presentación do libro de Laura Romero: Ferreñas e Rockand Roll.
Concerto no recinto da Casa das Artes.
Domingo, 30 de agosto de 2020
*Vilar: Homenaxe ás nosas aldeas no Camiño Norte de Santiago
12.00 h. Parladoiro, Alfonso Blanco: O Camiño de Santiago ao pé da Cova da Serpe.
Cinema ao aire libre: Montaxe de Fátima: “A Cova da Serpe”
Concerto ao aire libre: grupo Sons de Aldea
*Santa Locaia no Camiño Norte.
18.00 h. Presentación do cómic “Lendas do peregrino” de Xavier Varela, no albergue, escultor e escritor ao pé do Camiño
Concerto ao aire libre de Sons da Aldea.