Lugo, 7 de xullo de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Secretario Xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López Vázquez, asinaron este martes na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos a renovación da colaboración económica que mantén a institucional provincial con esta entidade, que supón unha achega de 60.000 euros para este ano 2020. A través deste convenio, a Deputación colabora cos gastos xerais de funcionamento, así como de persoal desta entidade. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón tamén asistiu a esta firma.
José Tomé puxo en valor esta colaboración da institución provincial coa CEL como exemplo de cooperación co tecido produtivo da provincia e sinalou que esta “ten que ser unha liña de traballo fundamental para as administracións públicas. Especialmente neste momento en que é preciso que todos cooperemos dende as nosas respectivas responsabilidades para conseguir reactivar canto antes a actividade económica e superar do mellor modo posible un panorama complexo”.
O Presidente lembrou que durante o Estado de Alarma, Deputación e CEL mantiveron un contacto frecuente, “que garantiu a continuidade do intercambio de posturas sobre a evolución da crise e que, en certa medida, reforzou aínda máis a aposta pola colaboración entre ambas institucións”.
José Tomé destacou que ante os “grandes retos que temos por diante”, a CEL “vai a seguir sendo un axente socioeconómico de importancia capital para a nosa provincia. A súa aposta polo traballo común, a colaboración, a defensa dos intereses da provincia e o respaldo ós empresarios que crean emprego e desenvolvemento, son algunhas das ferramentas que necesitamos hoxe aínda máis. É xusto recoñecer o traballo dos empresarios e empresarias comprometidos coa nosa provincia, comprometido cos postos de traballo. O compromiso dos empresarios que apostan polo I+D, polo impulso do sector agrogandeiro, polo comercio, a hostalería, o turismo ou a industria”.
Neste senso, asegurou que a crise “que estamos a vivir en torno á ameaza do peche de Alcoa, é tamén, a diferencia entre un modelo empresarial de desenvolvemento, produtivo, pegado ó territorio e á súa xente, e un modelo de capitalismo multinacional que se rexe só por intereses financeiros e xeopolíticos. Que busca as subvencións públicas e xoga co mercado para alterar prezos e demandas. Que marcha de súpeto, sen dar explicacións, sen buscar solucións de futuro ou sen respectar ós traballadores e ás súas familias”.
Dende a Deputación de Lugo, o Presidente asegurou que, “aproveitando todas as posibilidades de colaboración público-privada, seguiremos abertos a apoiar o traballo da CEL, que é un bo espello do compromiso dos empresarios lucenses coa súa provincia”.
Pola súa banda, o Secretario Xeral da Confederación de Empresarios de Lugo, Jaime López agradeceu o compromiso da Deputación con todos os empresarios e empresarias da provincia e destacou que “se non fose por este apoio decidido da Deputación de Lugo á Confederación de Empresarios de Lugo, non poderíamos estar na primeira liña, atendendo as empresas da provincia de Lugo no momento peor da crise daCOVID-19. Grazas á institución provincial puidemos estar aí asesorando ás empresas e facendo un análise profundo de toda a lexislación que saíu neses momentos”.
En canto á situación de Alcoa, Jaime López avanzou que “a CEL leva avisando xa, desde fai moito tempo, da situación desta empresa. As decisións de Alcoa non teñen que ser tapadas para nada cas decisións do Goberno Central ou do Goberno que teña materia e competencia, neste caso. A empresa está tomando decisións ao marxe de todo, aproveitándose de toda axuda que se lle deu durante moitos anos, isto non vén de fai tres días nin do goberno de Pedro Sánchez, vén de moito tempo atrás e vimos avisando desta situación, de que Alcoa estaba xogando cos intereses desta provincia”.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



