A Mariña, 7 de xullo de 2020. Despois de varios días nos que están a aumentar de forma moi importante, case que de xeito exponencial, o número de positivos para coronavirus ,documentándose hoxe 119 casos positivos e aproximadamente 1100 personas en illamento preventivo, a Plataforma Sanitaria da Mariña esixe ao SERGAS e ao goberno da Xunta que poñan todos os medios para protexer a saúde das veciñas e veciños da comarca, diante do que podería ser un brote epidémico de gran magnitude.
Os primeiros casos documentados do rebrote de covid19 datan de finais do mes de xuño e afectaban a oito persoas tras unha reunión familiar no concello de Xove. O que parecía un foco pequeño e ben localizado, comeza a dispersarse por varios puntos da comarca a unha velocidade demasiado elevada. Apareceron focos nun parque de bombeiros , en establecementos hosteleiros de dúas localidades, nun supermercado de Ribadeo, nun clube de futbol ou en empresas do sector pesqueiro. Por esta razón instamos aos responsables sanitarios do Sergas a que demostren – se é posible – a relación e a causística entre os positivos das diversas localizacións, pois de non ser posible “ teríamos que falar dunha transmisión comunitaria e non un brote como nos queren facer crer desde o Sergas”-comentan .
Desde o colectivo sanitario acusan ao Sergas de improvisar , xa que levamos agardando desde hai catro meses por un protocolo de rebrotes inexistente ata hai uns días, en plena expansión dos casos activos e de illados, poñendo deste xeito en perigo á poboación e desprotexéndoa. Do mesmo xeito reprobamos a falta de medidas contundentes ante o aumento dos casos , actuándose tarde e mal. Ao noso entender, non se debeu agardar a que os contaxios adquiriran estas proporcións , podendo ter pechado e controlado moito antes os dous concellos cero. “ A medida de confinar a comarca, inevitable a estas alturas , por cinco días parécenos pouco acorde coa protección da saúde, tendo en conta os confinamentos mínimos de catorce días que se decretan nestes casos, e que non atenden a causas sanitarias” – lamentan desde a coordinación da Plataforma.
Escaso seguimento das persoas illadas con PCR positivo
En relación ás persoas que están illadas no seu domicilio e que deron positivo en PCR, a Plataforma Sanitaria denuncia o escaso seguimento que se lles está a facer , pasando varios días sen recibir una chamada telefónica dos servizos sanitarios para facerlles o seguimento de control sintomático ou da súa evolución.Chama a atención que uns poucos quilómetros máis aló, pasando a ponte dos Santos, xa na comunidade veciña, o seguimento que se lles fai ás persoas positivas é moi exhaustivo, chegando incluso a chamalas dúas veces ao día, para preocuparse do seu estado de saúde, se xurdiran síntomas e preocupándose polas persoas;” máis una vez que pasei a depender da comunidade galega cesaron as chamadas, tiven que chamar eu despois duns días sen contacto algún pola súa parte, foi despois de contactar eu cando recibín a súa chamada por primeira vez en varios días”- lamenta una paciente.
Para o colectivo sanitario resulta vergonzoso que ante un brote tan importante na comarca o goberno da Xunta e o Sergas dean as costas ás personas e continúen coa súa folla de ruta do que realmente lles interesa, o proceso electoral do vindeiro domingo. De feito o confinamento da comarca que decretaron o domingo pasado é obrigado pola magnitude do brote que amenazaba con“ írselle das mans”. Esiximos aos responsables sanitarios que atendan á poboación como se merece,” pois hai persoas confinadas nas súas casas e que son positivas , que comezan a ter síntomas , que teñen medo a un agravamento da súa situación e que se sinten abandonadas polo sistema”- indica a coordinadora da plataforma.
Déficit de profesionais
Ante este rebrote na comarca tan virulento , dado que estamos nunha comarca que multiplica por tres a súa poboación durante os meses de verán, engadido a que durante o confinamento adiáronse moitas consultas , consideramos que se debe reforzar o persoal sanitario no número e lugares onde sexa necesario. Desde este colectivo condenamos públicamente a decisión do Sergas de non substituir as e os profesionais de atención primaria , constatándose a falta de substitución da pediatra que atende os concellos de Cervo e Xove desde hai catro meses, así como varios profesionais facultativos de Viveiro e a ausencia de facultativo de desplazados no centro de saúde de Barreiros. Do mesmo xeito rexeitamos as políticas sanitarias de “bloqueo informático” de camas no hospital da Mariña , nome que adoitan utilizar desde o Sergas para referirse ao peche encuberto de camas, que só conducen a agravar a precariedade tanto da asistencia como da contratación de persoal.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



