Lugo, 01, xullo de 2020. Os candidatos populares Elena Candia, Francisco Conde (conselleiro de Economía, Emprego e Industria), Cristina Sanz e Ramón Carballo visitaron esta tarde a sede da Federación de Comercio de Lugo, presidida por José María Seijas, e mantiveron un encontro con representantes do sector, no que abordaron distintas cuestións relacionados co mundo do comercio, no momento en que afronta o difícil reto da nova normalidade. Precisamente, co obxectivo de facilitar a reactivación do tecido empresarial e que se poida adaptar a actual situación, derivada da pandemia provocada pola covid-19, a Administración autonómica puxo en marcha numerosas medidas.
Elena Candia, cabeza de lista do PP por Lugo, declarou: “Dentro das programación dos actos de campaña, reunímonos esta tarde coa Federación de Comercio varios integrantes da candidatura ao Parlamento de Galicia pola provincia de Lugo, concretamente Cristina Sanz, Ramón Carballo e Francisco Conde, que asume a responsabilidade de conselleiro de Industria. O obxectivo é acercar a este colectivo todas as medidas que están en vigor impulsadas pola Xunta para axudar a sobrelevar un momento tan complicado. É un acto da nosa campaña, na que sen confrontación, sen descualificación de ninguén e sempre intentando construír, falamos do que neste momento máis lle preocupa á xente. O pequeno comercio, os autónomos, son un dos sectores polos que máis preocupados estamos e no que temos que poñer esforzos e recursos e lograr que toda a información sexa o máis accesible posible para que chegue ao maior número de interesados”.
Pola súa parte, Francisco Conde manifestou: “Temos un encontro cos comerciantes de Lugo, con ese sector que está pasando por dificultades pero que conta co apoio da Xunta de Galicia, coas diferentes medidas impulsadas para a transformación de espazos e para a súa dixitalización. E as axudas directas para os autónomos, que deben permitir esa reinvención e adaptación para poder recuperar o comercio de proximidade, que xera emprego e dinamiza a nosa provincia”.
Desde a Administración autonómica se implementaron distintos recursos para dar respaldo ao sector do comercio en Galicia. Así, en materia de prevención está o programa Reactiva, con axudas por importe de 16M€, xa dispoñibles, para adaptar locais e establecementos comerciais, e tamén do sector turístico e do transporte, así como a plataforma de asesoramento gratuíto, Comercio Seguro.
En canto a financiamento hai dispoñible unha liña de préstamos de ata 200.000€ para pemes e autónomos, da que a Xunta bonifica o 100% dos intereses para inxectar liquidez inmediata ao sector (convocada). Hai ademais a opción de microcréditos de entre 3.000 e 25.000 euros, tamén sen intereses, dirixidos a micropemes de menos de 10 traballadores.
No caso das axudas directas, o Cheque Autónomo (16M€) está dirixido a máis de 35.000 autónomos galegos con axudas directas de ata 1.800 euros para gastos correntes, material de protección, venda a domicilio e marketing online (pendente convocatoria).
En materia de dixitalización, hai que anotar que convocáronse (e están en fase de resolución) axudas por valor de 4M€ para a modernización do comercio de proximidade. Igualmente, o Cheque Dixital (7M€), para incorporar novas tecnoloxías, impulsar o teletraballo e mellorar a conectividade nas empresas do rural (convocada). Nesta liña figuran as axudas do programa Galicia Exporta Dixital (3,6M€) ás que, por primeira vez poden acceder os comercios (xa convocadas).
Para asesoramento, os interesados poden recorrer ao servizo IGAPE Responde: 900 815 151 (teléfono gratuíto) igaperesponde@igape.es










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



