A Lei estatal básica de réxime local esixe para presentar unha moción de censura á alcaldía dos concellos a sinatura da maioría absoluta dos membros da Corporación. Os partidos todos pularon por unha reforma desta lei no 2006 (“pacto antitransfuguismo”) que esixía que nesta maioría absoluta non podían contar os concelleiros que marcharan ou foran expulsados dos grupos políticos polos que foran electos. Mais o Tribunal Constitucional (TC) decidiu a fins de 2017 que esta restrición era inconstitucional. Porén, o TC limitou os efectos da súa sentenza aos concelleiros elixidos dende as eleccións locais de maio de 2019. Velaí que nesta lexislatura local haxa xa barra libre para fomentar o transfuguismo, rachar os grupos políticos locais e alterar gravemente a vontade veciñal cesando e nomeando alcaldes e alcaldesas que non respostan ás resultas do xogo electoral.
Baltar, presidente da Deputación ourensá, ven de promover unha moción de censura no concello de Castrelo de Miño (O Ribeiro). Nas eleccións de 2019 BNG, PSOE e PP quitaron cadanseus 3 concelleiros, sendo elixido alcalde Esteban Suárez Méndez (BNG) por ser o primeiro da candidatura máis votada. Agora os concelleiros socialistas nº 2 e 3 da súa candidatura racharon co seu partido e o PP aproveitou para pactar con eles esta moción, que lle dará ao PP a alcaldía-logo de trece anos de goberno local nacionalista-o vindeiro día 12. Mais semella que non será ésta a única reviravolta transfuguista de Baltar, quen seica está a planificar unha moción de censura en Viana do Bolo, outra vez para cesar o alcalde nacionalista (Secundino Fernández) e pór no seu canto ao popular, alicerzándose en concelleiros desvencellados da disciplina socialista.
Baltar aprendeu do seu pai, o vello Baltar, quen pactou no 1996 a censura do alcalde do BNG de Maceda ( Bieito Seara) botando mán do único concelleiro socialista para desequilibrar o empate a 5 concelleiros do BNG e PP nas eleccións de 1995. Tamén foi da fábrica do vello Baltar outra xogada suxa, que él mesmo alcumou de porcallada na constitución dos concellos despois das eleccións de 2003. Xosé Manuel Pérez Bouza , do BNG, era o candidato máis votado con 4 concelleiros, empatando co PP, mais éste votou á única concelleira socialista.
Cando concelleiros elixidos polo PSOE hai só un ano apoian ao PP para mudar un goberno local as sospeitas son lóxicas e inmediatas, xa que en ningún destes casos hai cuestións políticas substantivas. Por outra banda, é evidente que o PSOE elixe dun xeito moi deficiente aos seus candidatos, das resultas do seu carácter histórico de franquía local.
Mais as responsabilidades non rematan en Baltar. Porque Feijóo, presidente do PPdeG, calado coma un peto, ratifica implícitamente esta liña política de promoción a eito do transfuguismo local.
Algo cheira a podre na Galicia. Mágoa que falte Ernesto Santos Discépolo para facer un tango (como fixo Cambalache) desta noxenta historia.








A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



