Lugo, 21 de agosto de 2020. Cultura pon en marcha un nova liña de axudas para acondicionar e equipar espazos de uso cultural, cun importe de 100 mil euros. As achegas están dirixidas a asociacións sen ánimo de lucro, que ao longo de 2020 realizaran ou vaian realizar traballos de mellora e reforma en locais que teñan en propiedade ou cedidos ou adquiriran equipamento novo.
A vicepresidenta e deputada de Cultura Maite Ferreiro explicou que se trata “dunha convocatoria nova coa que se pretende promover a creación de espazos culturais de proximidade, uqe permita programar actividades por todo o territorio, preto da xente”. Segundo dixo, “é unha liña que se ía poñer en marcha en calquera caso pero coa situación creada pola Covid e as recomendacións de actos pequenos, con aforos reducidos, faise incluso máis oportuna”.
A vicepresidenta adiantou que “nos vindeiros días sairá adiante tamén a liña habitual, de axudas de concorrencia competitiva para actividades das asociacións” e subliñou que “a área de Cultura é, canda os concellos, o principal piar do tecido asociativo, e neste ano de tantas dificultades para a cultura na que moitas actividades se están a suspender pola situación sanitaria, resulta especialmente necesario manter este fluxo de recursos”. “Cremos que é fundamental para a superviviencia e a continuidade das asociacións”, remarcou.
Axudas entre 600 e 3000 euros
As axudas, que se poderán solicitar a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, oscilan entre os 600 e os 3.000 euros. As asociacións beneficiarias deberán achegar como mínimo o 5% do investimento a realizar en reformas ou compra de equipamento.
Na avaliación das solicitudes terase en conta aspectos como a calidade e o interese da actuación a realizar, a implantación e arraigo da asociación como entidade cultural, o seu grao de execución e xustificación de proxectos subvencionados anteriormente ou a dispersión territorial e pobocional do concello no que estean asentadas, primando neste caso as entidades de municipios de menos de 2.000 habitantes.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



