Cervo, 24 de agosto de 2020. O BNG cervense cualificou de “peregrinas” as explicacións do goberno muncipal que dirixe o alcalde Alfonso Villares sobre a pasividade da entidade local denunciada polos concelleiros Diego Fernández e Xorxe Caldeiro por pechar ao baño o areal de Rueta, contaminado de augas fecais. A formación nacionalista “pon en dúbida” as afirmacións da concelleira sobre a colocación de advertencias no areal, “que ninguén viu”, e tilda de “inasumíbeis” unhas explicacións nas que bota a culpa á choiva cando toda a veciñanza sabe que “o Río Xunco dende a depuradora das Quintas até a súa desembocadura na praia de Rueta convértese en cloaca pola nefasta xestión do goberno local da depuradora, que recoñecen ten un sistema de depuración ambientalmente modélico, mais estragado polo deixamento e abandono do goberno do PP”.
Ao goberno municipal pídeselle honestidade, responsabilidade e feitos; non escusas peregrinas e falsedades.
Diego Fernández e Xorxe Caldeiro pediron ao goberno municipal que aclare cando foron colocadas as advertencias sobre a contaminación do areal: na data na que se fixo a analítica (12 de agosto) ou o día 17 que chegou ao Concello a notificación da Delegación Territorial da Consellaría de Sanidade en Lugo advertindo da contaminación do areal? Aos concelleiros nacionalistas interésalles saber “onde puxo o goberno municipal as advertencias, xa que ninguén as viu, nin na marxe dereita da desembocadura nin na esquerda, polo que piden ao goberno municipal máis honestidade e responsabilidade coa xente e o medio natural”.
A formación nacionalista tamén recalcou que “non valen as escusas diante da nefasta xestión da depuradora das Quintas que, como se acaba de ver, pon en perigo a saúde das persoas e tamén do Río Covo con verteduras de augas fecais case continuas no seu caudal.” “Esiximos solucións e non escusas, igual que as leva esixindo a veciñanza ao goberno municipal desde fai moito tempo sen éxito”, afirmou o portavoz nacionalista, Diego Fernández. Chama a atención, continuou Fernández, “que as redes sociais do Concello, e a recén estreada páxina dedicada ao medio ambiente, non se aproveitaran para lanzar avisos sobre a situación, xa que esta é a súa función e non servir de voceiro das campañas políticas do alcalde e o seu partido”.
O PP na Xunta e no Concello son un perigo para a xente e o medio natural
O BNG cervense considerou que a Delegación Territorial da Xunta, dirixida por outro cervense, José Manuel Balseiro, “deberá dar explicacións sobre a espera da notificación formal entre o día 12, no que se tomaron as mostras de auga, e o día 17 ás 10 da mañá que foi comunicada por fax ao Concello; curiosamente un día despois de que outras analíticas no areal deran resultados óptimos para o seu uso”. Para os concelleiros nacionalistas “esa marxe de cinco días na comunicación dunha incidencia deste tipo e inaceptábel” e supón unha irresponsabilidade grave, xa que durante este tempo foron moitas as persoas, locais e visitantes, que fixeron uso da praia en condicións non aptas para o baño.



















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



