Con motivo do desmonte dun guindastre de obra faise imprescindible realizar un corte de tráfico para tratar de garantir a seguridade viaria mentres duren as tarefas de operación de dita grúa. O corte está previsto á altura do número 50. Soamente permitirase o acceso de vehículos aos garaxes desta rúa. Para iso, habilitarase un dobre sentido de circulación en dous tramos, uno o comprendido desde o número 50 cara á Praza Juan Donapetry, e outro desde o número 50 cara á Praza de Lugo. Os estacionamentos na rúa Nicolás Cora restrinxiranse a partir do xoves 27 de Agosto de 2020.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.