Ribadeo, 20 de agosto de 2020. A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, asegura que “a falta de mantemento dos parques infantís”. Sinala a popular que tanto o parque da rúa Pintor Fierros coma o parque do xardín presentan elementos en mal estado de conservación que “supoñen un perigo para os nenos e nenas que utilicen estas instalacións”.
A concelleira popular esixe ao goberno local que “actúe de inmediato para dotar de seguridade aos nosos nenos e nenas” que, por mor do estado que presentan estes parque, “non poden facer uso deles en condicións de seguridade e tranquilidade para as súas familias”. No caso do parque da rúa Pintor Fierros algúns dos elementos das estruturas de xogo presentan deficiencias ao non contar con algunha das súas partes e o sistema de peche do parque do xardín está roto ou incompleto.
Sierra asegura que o equipo de goberno está a facer “unha mala xestión do diñeiro público”. Así queda demostrado “unha vez máis”, di, “ante a falta de mantemento dos parques infantís de Ribadeo”.
Condena a popular esta “falta de previsión e de interese por mellorar os recintos e os elementos que forman parte dos parques infantís para ofrecer aos nosos nenos e nenas unhas instalacións de ocio en boas condicións”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



