Viveiro, a 21 de agosto de 2020. A crise sanitaria provocada pola covid-19 xera unha crise económica de gran alcance, que en Viveiro xa se acusa en case todos os campos. Por ese motivo, ás decisións das institucións, sinaladamente dos concellos no ámbito local, teñen que ser moi medidas para, dentro do posible, axudar a paliar as dificultades que atravesan as empresas, e moi especialmente as máis pequenas. Con este criterio como guía, os concelleiros do PP presentarán unha iniciativa para que o goberno municipal, presidido pola socialista María Loureiro, explique os criterios seguidos para a contratación da empresa que se encarga do campamento infantil de verán nesta cidade.
Para os concelleiros populares resulta moi chamativo que, habendo en Viveiro, como mínimo, media ducia de empresas especializadas en actividades de ocio, a ningunha delas, polo menos segundo a información obtida polo PP, se lle preguntara se estaría interesada en levar a cabo a citada actividade. A ningunha das que foron consultadas polos concelleiros populares se lle pediu formalmente desde o concello unha proposta de orzamento para desenvolver o campamento infantil de verán. O portavoz popular, Óscar Rodríguez, sinala: “É sorprendente que, sabendo que estas empresas de Viveiro o están pasando realmente mal, se lle encargue o traballo a unha firma que non é do municipio; que quede claro que non poño en dúbida os méritos da empresa contratada, só digo que resulta certamente sorprendente”
Para os populares, o Concello debería utilizar diferentes fórmulas para facilitar o ocio de verán dos rapaces, con todas as garantías sanitarias que esixen as actuais circunstancias. O portavoz popular sinala: “Unha fórmula usada nalgúns concellos é a do bono municipal para actividades; cada rapaz, dentro das condicións que se estipulan, pode participar nalgunha das actividades que organizan empresas especializadas”. Rodríguez di tamén: “O verdadeiro problema é que o goberno de Viveiro sigue instalado na súa zona de confort e enfronta todas as cuestións dende o lado máis cómodo, aínda que non sexa o máis interesante para as xentes de Viveiro e para as súas empresas”.


















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



