Abadín, 25 de agosto de 2020. O Voceiro do PSOE de Abadín, Pablo Díaz López, denunciou hoxe a situación de abandono que sofren os espazos verdes do colexio público “Aquilino Iglesias Alvariño”.
O Voceiro Socialista advirte “que só faltan uns días para que comece o curso escolar e a situación de abandono que se aprecia no patio do centro escolar é bastante lamentable. Neste asunto, como en moitos outros, hai unha situación de deixadez total por parte do Goberno de López Rancaño”, dixo.
“Calquera pode comprobar a situación na que está o patio do centro público cheo de vexetación e de maleza. Por iso demandamos que de xeito urxente se acometa unha limpeza e un adecentacemento en profundidade para comezar o curso escolar con tódalas garantías”, remarcou.
Solicitude de pleno extraordinario
Pablo Díaz avanzou ademais que rexistrou no Concello unha petición para celebrar un pleno extraordinario, co fin de tratar asuntos como os investimentos do Plan Único da Deputación así como outra iniciativa socialista relacionada cos danos do lobo no municipio. No apartado de preguntas o Grupo Socialista quere coñecer os trámites para arranxar o campo de fútbol, os informes da área recreativa de Gontán, arranxo da de Moncelos ou a inversión de 50.000 euros nunha pista de pádel, entre outras.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



