Madrid, 22 de setembro de 2020. O BNG demanda de forma urxente unha solución ao problema da comercialización do marraxo, que se suma a outros problemas que sofre a frota como, a forte caída dos prezos da quenlla e a gran flutuación na demanda. “Isto fai perigar a viabilidade económica da actividade de moitas empresas que non poden aguantar a situación por máis tempo” sinalou o deputado nacionalista, Néstor Rego.
Os nacionalistas destacaron que a frota acumula toneladas de marraxo procesado e almacenado nos frigoríficos que non poden vender debido ao bloqueo administrativo. Néstor Rego salientou que “dos tres Ministerios que deben dar a súa autorización para que se poda proceder á comercialización, dous deles, o de Pesca e o de Comercio, deron o seu visto bo polo que só faltaría que o Ministerio para a Transición Ecolóxica fixera o propio”.
Rego solicitou que se aclaren os motivos que levaron a non comercializar o marraxo cando se pesca de forma accidental e as capturas se axustan ao estipulado pola Comisión para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT), “polo que non ten sentido que unha vez que se permitiu a captura, se impida agora a súa comercialización pondo en risco a supervivencia da frota de palangre de superficie da Galiza” explicou.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



