En concreto fixéronlle as probas aos conserxes dos centros educativos e do pavillón, con resultado negativo todas elas. Este mércores foi a quenda para os dos centros socioculturais e do concello. Ademaís realizouse unha sesión de formación sobre o coronavirus dirixida aos conserxes das instalacións municipais e os profesores do conservatorio de música, coas pautas e os protocolos que deben manexar. “Dentro das nosas competencias, temos que tomar todas as medidas posibles para facer fronte á pandemia e limitar os riscos, destacando a receptividade e a boa disposición de todos e todas as traballadoras”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
