Santiago de Compostela, 9 de Setembro 2020. O BNG rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que insta á Xunta a intervir de xeito inmediato todas as residencias privadas de maiores ao tenor do que está a suceder en moitos destes centros, mesmo con persoas residentes falecidas tras infectarse de COVID19 e con casos de contaxios masivos.
A formación que lidera Ana Pontón demanda do Goberno de Feixóo que non se repitan os erros dos meses máis duros da pandemia, con consecuencias tráxicas para as persoas maiores usuarias das residencias, senón que por contra tome a iniciativa en lugar de actuar cando a situación está fora de control, e co obxectivo de blindar ás residencias garantindo a aplicación estrita dos protocolos.
“Esta iniciativa persegue garantir o cumprimento escrupuloso dos protocolos e das medidas asistenciais e sanitarias das persoas usuarias, porque non pode ser que a Xunta chegue tarde e que actúe a remolque dos acontecementos, ten que anticiparse porque hai moito en xogo”, salienta a viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil.
Para a deputada por Lugo, “non se pode improvisar nin ir por detrás dos problemas, é necesario que o Executivo de Feixóo se anticipe para evitar situacións como as que se están a producir na residencia San Rosendo do Incio ou na DomusVI de Outeiro de Rei”, alega. De feito, nesta última o 75% das persoas usuarias están contaxiadas, o maior gromo da COVID-19 rexistrado en Galiza nunha residencia desde que se decretou a pandemia sanitaria o pasado mes de marzo, mentres que no centro do Incio faleceron desde o 20 de agosto 14 persoas.
Hai que lembrar que as residencias de maiores foron durante os primeiros meses da pandemia un dos principais focos de contaxio da COVID-19, de feito, case a metade das persoas falecidas en Galiza con coronavirus (297) eran usuarias das residencias. No país hai máis de 380.000 galegos e galegas maiores de 70 anos, e pese a que pese a que menos de 25.000 maiores residen en algunha das 223 residencias, case todas privadas, este colectivo soportou case un 50% das vítimas mortais.
Comisión de investigación e novo modelo
Para a formación nacionalista resulta inadmisible que o Goberno do PP siga instalado no mesmo modus operandi en relación ao coidado das persoas maiores nas residencias, pese ao sucedido na primeira ola de COVID19, “en lugar de aprender dos erros cometidos”, -subliña Rodil-, “por iso desde o BNG insistimos na creación dunha comisión de investigación parlamentaria para coñecer que pasou e corrixir aquilo que non está a funcionar”.
Ademais, o Bloque tamén aposta por abrir un debate “profundo e de fondo” sobre o modelo de residencias que actualmente hai en Galiza, maioritariamente privatizado, para camiñar cara un modelo de xestión pública no o dereito a unha vellez digna non sexa convertido en obxecto de lucro e de negocio.




















Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



