A Mariña, a 9 de setembro de 2020. A CIG instou a dirección de Liberty House a que actúe con responsabilidade “no lado que lle corresponde” e empraza a todas as partes implicadas no futuro da fábrica de aluminio da Mariña a traballar a fondo para facilitar que a operación de venda sexa un éxito, baixo a premisa de non parar as cubas e manter a totalidade dos empregos.
Na reunión que esta tarde tivo lugar en Madrid coa representación sindical, Liberty House desenvolveu o proxecto xa presentado con anterioridade, dando detalle do seu plan industrial e de cales son os problemas nas negociacións con Alcoa.
Fronte a alternativa da parada das cubas e despedimentos que formula Alcoa, a CIG claramente aposta por un proxecto industrial que garanta a continuidade de todos os postos de traballo, da actividade produtiva e que non supoña parar a electrólise. “Nestes momentos temos enriba da mesa esta opción que propón Liberty House, polo que dende o noso punto de vista, aínda coas reservas e dúbidas que poida xerar, sería imperdoábel que entre todas as partes non foramos quen de lograr que saíra adiante”, valorou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, ao remate do encontro.
Neste senso, Carril critica o boicot de Alcoa a este proceso de venda, dificultando as negociacións co grupo británico e rexeitando todas as posibilidades que se lle formulan “co único obxectivo de xustificar o que leva buscando dende hai meses: o peche do aluminio. Resulta evidente que Alcoa se nega a tomar en consideración esta proposta”, advirte. Ante a reunión prevista para este xoves, Carril trasládalle a Alcoa a necesidade de abandonar posturas intransixentes e facilitar unha operación viábel que, ademais, é inevitábel.
O secretario xeral da CIG lembra que abrir a posibilidade dunha venda e chegar a esta fase “só foi posíbel pola unidade de acción, a mobilización continúa e a defensa firme do futuro industrial” levada a cabo nos últimos meses polos traballadores e as traballadoras. Por iso, reclama tamén dos gobernos español e galego que estean a altura e intensifiquen as xestións para dar futuro industrial á comarca da Mariña. “Resulta preocupante que nin a Xunta nin o Ministerio estean a traballar na busca de solucións ás problemáticas que levan meses enriba da mesa e que non estean aplicándose a fondo para evitar o peche da fábrica de aluminio, a parada das cubas e o despedimento de preto de mil traballadores/as”.
Neste punto, reitera que, de frustrarse a venda ou resultar nun acordo insuficiente, a CIG non renuncia á nacionalización do complexo de San Cibrao como a saída para garantir a continuidade da produción de aluminio primario en Galiza e de todos os empregos. “Esta é unha opción posíbel e viábel e non hai nada na lexislación, galega, estatal ou europea que impida esta intervención pública, só fai falta vontade política”.




















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



