A agrupación confirma datas en O Barqueiro, Ladrido e Ortigueira mentres ultima a gravación do seu novo disco en estudo
Viveiro, 9 de agosto de 2026. A agrupación musical Sons de Celeiro desexa compartir cos seus seguidores, os medios de comunicación e o público en xeral as novidades que marcarán a súa axenda artística durante os vindeiros meses, así como expresar o seu máis sincero agradecemento polo apoio constante recibido tempada tras tempada.
Agradecemento, actuacións e novo proxecto
A formación afronta este período con ilusión e cunha intensa actividade na comarca e nos concellos veciños. Sons de Celeiro confirma con satisfacción a súa presenza en diversas localidades que apostaron decididamente pola súa proposta musical:
O Barqueiro e Ladrido: Escenarios onde a agrupación se reencontrará co público para ofrecer o seu repertorio habitual nun ambiente festivo e próximo.
Ortigueira (Festa das Habaneras): Unha cita especialmente significativa na que Sons de Celeiro terá a honra de presentar unha habanera composta expresamente para a ocasión, destinada a converterse no himno oficial do festival.
Novo traballo discográfico: Paralelamente a estes directos, a formación ultima o seu próximo disco, iniciando proximamente as sesións de gravación cun repertorio practicamente finalizado.
Ausencia en la Plaza Mayor de Viveiro
Con respecto á habitual actuación na Praza Maior de Viveiro, a agrupación lamenta informar de que este ano tampouco formará parte da programación local.
A pesar da nosa plena disposición e interese por manter o tradicional reencontro cos nosos veciños na Praza Maior, a falta de respaldo e a imposibilidade de acadar un acordo económico mínimo co Concello de Viveiro fixeron inviable a organización do concerto neste espazo na presente edición.
Sons de Celeiro lamenta non poder reencontrarse un ano máis co público viveirense na Praza Maior, pero reitera o seu cariño incondicional aos veciños e confía en que no futuro volvan darse as condicións idóneas para recuperar este evento tan querido por todos.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



