Lugo, a 9 de setembro de 2020. O Grupo Provincial do Partido Popular tilda de “nefasta” a política económica de Tomé no seu primeiro ano como presidente da Deputación. Así se deduce do expediente da Conta Xeral de 2019, e que foi dictaminado o pasado venres na Comisión Informativa Especial de Contas, e no que se expoñen diversas cuestións que corroboran as afirmacións dos populares, e que poñen de relevo que o actual dirixente provincial “empeorou” a xestión dos seus predecesores no cargo.
As anomalías detectadas son as seguintes:
PRIMEIRA: existen 32 informes de reparo por parte do servizo de Intervención derivados de contratacións por valor de preto de 774.000 euros.
A Conta Xeral, tal e como así se expresa literalmente no expediente, constitúe o mecanismo que pon de manifesto a xestión realizada nos aspectos económico, financieiro, patrimonial e orzamentario; é dicir, é o instrumento que permite á Corporación e aos administrados coñecer que se fixo durante o exercicio orzamentario, permite controlar o uso e destino que se deu a un volume máis ou menos importante de fondos públicos; é, en definitiva, un mecanismo de control. No informe que leva asociado infórmase –literalmente- do seguinte:
– De 29 acordos contrarios a reparos formulados por esta Intervención en expedientes en materia de contratación sendo as causas dos reparos a omisión no expediente de requisitos ou trámites esenciais –ausencia de algún dos requisitos básicos establecidos no acordo co Consello de Ministros vixente que non se inclúan nos anteriores”. Non se corresponden con expedientes de recoñecemento extraxudicial de créditos. O importe total dos expedientes é de 589.024,57 euros, dos cales corresponden a contratos de servizos 194.722,73 euros (o que representa un 0,22% sobre o total de obrigas recoñecidas netas do exercicio 2019) e a contratos de subministros 394,301,84 euros (o que representa un 0,44% sobre o total de obrigas recoñecidas netas do exercicio 2019). Non se corresponden con expedientes de recoñecemento extraxudicial de créditos.
– Infórmase de 2 acordos contrarios a reparos formulados por esta Intervención en expedientes en materia de contratación sendo as causas dos reparos a “omisión no expediente de requisitos ou trámites esenciais- ausencia de algún dos requisitos básicos establecidos no acordo co Consello de Ministros vixente que non se inclúan nas anteriores”. O importe total dos expedientes é de 74.712,40 euros, sendo contratos de subministros (o que representa un 0,08% sobre o total de obrigas recoñecidas netas do exercicio 2019)
– Infórmase de 1 expediente con omisión de fiscalización previa motivo pola falta de tramitación do correspondente expediente. Correspóndese a un gasto de persoal (gastos relativos ao réxime retributivo dos membros da corporación). O importe é de 10.041,76 euros, o que representa un 0,01% sobre o total de obrigas recoñecidas netas do exercicio 2019.
SEGUNDA: incumprimento de estabilidade orzamentaria, de regra de gasto e débeda pública
No propio informe tamén se indica que se incumpre notablemente a estabilidade orzamentaria e o Plan Económico Financieiro 2019-2020 debido a que detecta información incompleta sobre a liquidación da Deputación, do Consorcio de Bombeiros e de Suplusa. Véxase a reprodución literal deste apartado:
En relación co cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, de regra de gasto e débeda pública, transcríbese o informe emitido o 13 de agosto de 2020 con motivo das liquidacións e contas anuais a 31 de decembro de 2019, obsérvase que:
– Con data a 31 de xaneiro de 2020 a información remitida por Intervención tiña carácter provisional, ao non ter datos definitivos da liquidación da Deputación e do Consorcio Provincial de Lugo para a prestación do servizo contra incendios e salvamento e das contas anuais da Sociedade Urbanística Provincial, e concluía que a entidade a nivel consolidado non cumpría co obxectivo de estabilidade orzamentaria e de regra de gasto previstos no Plan Económico Financieiro 2019-2020 na liquidación provisional a 31 de decembro de 2019.
– O 20 de febreiro de 2020 emítese pola Intervención informe coa finalidade de avaliar o obxectivo de estabilidade orzamentaria, da regra de gasto e débeda pública con motivo da liquidación do orzamento da Deputación no exercicio 2019, non cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria e de regra de gasto na liquidación provisional a 31 de decembro de 209, segundo o Plan Económico Financieiro 2019-2020.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



