Lugo, 24 de setembro de 2020. A Secretaria Provincial de Lugo e Deputada Autonómica, Patricia Otero dixo hoxe que Alcoa “non pode dar as costas a centos de traballadores, ás súas familias e a unha comarca enteira que durante máis de dúas décadas obtivo, ano tras ano, importantes beneficios e inxentes recursos públicos”.
A dirixente socialista remarca que “nestes intres a empresa Alcoa ten sobre a mesa unha proposta para acadar un posible acordo, e o Goberno de España que como xa demostrou, está comprometido con esta solución”.
Otero sinala que neste escenario “a obrigación de Alcoa é escoitar a voz dos traballadores, das administracións, tanto a central como a autonómica, a dos Concellos, e por suposto a de toda a Mariña enteira para lograr a venda da factoría de San Cibrao a Liberty. Non hai coartada para Alcoa. Acabáronse as escusas”, insistiu.
Nesa liña remcara que “este é o momento da responsabilidade para Alcoa. Esixímoslle que este á altura do momento e materialice dunha vez por todas a venda da factoría. Non pode traizoar a confianza e a xenerosidade que lle deu a nosa terra”, advertiu.
A Deputada Autonómica afirma que “o Goberno Central está deixandose a pel para facer posible a venda, e dar paso a un proxecto industrial pioneiro que garanta o futuro da factoría e de todos os postos de traballo na Mariña. A solución imponse, porque Alcoa carece xa de escusas. A venda é a solución”.
Desviar a atención non favorece aos intereses dos traballadores
E inisitiu na súa argumentación “non hai outro camiño e calquera intento político, por parte de calquera partido, de desviar a atención, sería unha irresponsabilidade que non favorece aos intereses dos traballadores e da nosa comarca. Hai quen se empeñou , durante meses, en facer desta crise unha arma política contra o Goberno Central. Pero como podemos constatar agora, quedaron en evidencia”, replicou.
Otero explica que “o Executivo Central sempre estivo ao carón dos traballadores, de xeito discreto, sumando forzas cos sindicatos, e traballou a reo con tódolos seus recursos, para acadar unha solución na fabrica de San Cibrao”.
O domingo en Xove
Por último dixo “os socialistas apostamos desde o primeiro momento pola venda como solución, apoiámola e confiamos en que finalmente se abra paso. E por suposto este domingo estaremos en Xove, apoiando aos traballadores”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



