Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2020. A portavoz parlamentar do BNG, Ana Pontón, reclamoulle no Pleno ao presidente da Xunta “que non escorra o vulto e traballe xa pola intervención pública da factoría de Alcoa para salvar o emprego e a actividade industrial na Mariña.
Na intervención plenaria trasladoulles aos traballadores e ás traballadoras de Alcoa, das auxiliares e á xente da Mariña, todo o apoio, a solidariedade e a admiración, “porque durante estes meses están dando un exemplo de unidade, de compromiso e de dignidade, deixando claro que non van permitir que unha multinacional enterre o seu presente e o seu futuro”
“Os traballadores e as traballadoras e a comarca estiveron á altura; agora é o momento de que Xunta e Goberno central dean a talla, porque estamos no tempo de desconto e xa non valen os panos quentes, nin as declaracións de intencións”, afirmou Ana Pontón.
Alcoa ten unha folla de ruta perfectamente definida: quere pechar a fábrica de aluminio primario porque non quere competencia. “É evidente que a multinacional actuou de mala fe, con prepotencia e con chulería e desprezo pola Mariña e por Galiza, atrevéndose a darlle un plante ao Estado e á Xunta”, sinalou. “E a resposta ante este desplante debe ser clara e contundente, porque chegados a este punto, de nada valen as declaracións, nin ter unha actitude morna e indecisa; é necesario pasar á acción”, engadiu.
Deste xeito, reclamou que a Xunta actúe xa mediante unha intervención pública para garantir a produción e salvar os postos de traballo e toda unha comarca. “Porque se pecha Alcoa, non só van á rúa mais de mil traballadores, asina a acta de defunción da Mariña”, destacou.
Segundo explicou Ana Pontón, “esa intervención pública é posíbel, viábel e legal; só fai falta vontade política”. “A mesma que tivo o Goberno Italiano para salvar unha fábrica similar en Cerdeña ou a mesma vontade que tivo Merkel en Alemaña para nacionalizar Lufthansa”, destacou. Ademais puxo como exemplos o rescate da banca con 90.000 millóns de euros ou o rescate das radiais madrileñas con 5.000 millóns de euros.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).