Viveiro, 7 de outubro, 2020. No pasado pleno de setembro aprobouse o Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais, polo que o concello de Viveiro conta por fin cun documento tan necesario que servirá para dar cumprimento á lei sobre a xestión da biomasa forestal nunha franxa de 50 metros perimetral ao suelo urbano, do núcleo rural e urbanizable, arredor de edificacións, viviendas illladas e gasolineiras do termo municipal.
Nesa mesma sesión plenaria, tendo en conta a transcendencia da aprobación de dito documento que suporá dar cumprimento das normas que establece e polo tanto realizar cortas, dende o BNG instamos ao goberno do PSOE a realizar as seguintes actuacións:
.Organizar e desenvolver unha Campaña Informativa seria que abarque a todas e cada unha das parroquias do termo municipal viveirense para dar a coñecer a toda a veciñanza, e principalmente aos propietari@s e/ou comunidades de montes afectad@s, o Plan aprobado e as normas que recolle de obrigado cumprimento.
.Poñer a disposición da veciñanza de Viveiro, nun lugar visible da web oficial do concello, un visor de delimitación da rede secundaria de faixas de xestión da biomasa forestal do concello de Viveiro para poder consultar cales son os terreos e ou parcelas incluídas na rede de faixas, e a listaxe completa de especies nas cales, con carácter xeral, non poderà haber eucaliptos, pinos, acacias, toxos, silvas, felgos, etc..
.E por último, instamos ao goberno municipal a estudar vías de colaboración coa veciñanza que solicite axuda para a limpeza e retirada das especies prohibidas nas faixas de seguridade delimitadas no Plan Municipal.
Tendo en conta que o goberno do PSOE non puxo en marcha ningunha das iniciativas e deu a calada por resposta, o BNG de Viveiro inicia unha serie de actos públicos que terán lugar en distintas parroquias para explicar e dar a coñercer as normas de obrigado cumprimento que supoñen dito plan á veciñanza de Viveiro.
O primeiro acto, terá lugar na parroquia de Galdo, no edificio do antigo colexio, o vindeiro venres 9 de outubro a partir das 19:30h no que participarán a deputada provincial de Lugo encargada da Área de Medio Rural, Mónica Feire Rancaño, Eloi Cabanas Ramos, brigadista forestal e Míriam Bermúdez García, Concelleira do BNG en Viveiro ao que convidan a participar a toda a veciñanza das ditinitas parroquias e as comunicades de montes do concello de Viveiro.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).