Santiago de Compostela, 2 de Outubro 2020. O BNG presenta unha proposición non de lei de cara a conseguir a supresión do artigo 18 do actual Proxecto de lei de cambio climático e transición enerxética así como consensuar co sector mar-industria galego calquera modificación da lei de costas no referido á vixencia das concesións administrativas asentadas á beira do mar.
A portavoz parlamentaria de Pesca, Rosana Pérez, explica na iniciativa que o actual proxecto, actualmente en período de emendas, está a causar gran preocupación no tecido mar-industria.
“É preciso lexislar para favorecer unha transición de cara ao uso das enerxías renovábeis que contribúan a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e para paliar os efectos presentes e futuros do cambio climático, -entende Pérez-, pero o artigo 18 do texto normativo prexudica ao tecido mar-industria galego, que ademais representa en xeral unha actividade sostíbel”.
De feito, explica, ese punto do proxecto de lei modifica de facto a Lei de costas e suscita unha discrepancia entre o sector e o ministerio sobre a vixencia das concesións administrativas asentadas á beira do mar.
“O peso estratéxico desas industrias para a economía galega, tanto en número de empregos como en importancia socioeconómica, require certidume e a máxima seguridade xurídica para potenciar o valor da cadea do sector marítimo alimentario que dificilmente tería alternativa nas comarcas onde está asentada e, dende logo, antes de calquera modificación, necesita de diálogo co conxunto dos afectados”, alega a deputada nacionalista.
Rosana Pérez apela á relevancia social, laboral e económica de ducias de empresas ubicadas no litoral, que rexeitan unha modificación da lei de costas que altera a vixencia das concesións administrativas. O propio ministerio viuse obrigado a emitir un comunicado comprometéndose a contar co sector na reforma da lei de Costas.
Pero a medida que avanza o prazo de emendas, as distintas manifestacións dos responsábeis do proxecto crearon máis confusión, inseguridade e preocupació, e tampouco contribuíu a disipar esa confusión a Xunta cunha valoración do proxecto a través de datos que nada teñen a ver coa realidade, mesturando o que recolle a lexislación vixente sobre concesións administrativas en dominio público marítimo-terrestre para o sector mar-industria con outras actividades e instalacións. Por iso o BNG pide a supresión do artigo 18 a través dunha proposición non de lei.























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



