Ribadeo, 28 de outubro de 2020. O Concello de Ribadeo anuncia a ampliación do horario de visitas ao cemiterio municipal do 29 de outubro ao 2 de novembro. O camposanto abrirá de nove da mañá a sete da tarde. Haberá un circuíto diferenciado de entrada e de saída e será obrigatorio cumprir coas medidas de protección persoal como o uso da máscara e o distanciamento de seguridade.
O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “para estes días relacionados coa data do Día de Todos os Santos e de Defuntos, acabamos de emitir un Bando onde ampliamos o horario de apertura do cemiterio desde este xoves, 29 de outubro, ata o luns 2 de novembro das nove da mañá ás sete da tarde”.
O rexedor pregou que “na medida do posible, as visitas destinadas a labores para limpar ou arranxar nichos ou tumbas, que se vaian facendo nos días previos a este 1 de novembro. Recomendamos que as familias espacien no tempo as súas visitas e que as mesmas se limiten ao mínimo tempo indispensable para intentar evitar aglomeracións”.
Suárez Barcia subliñou que “dispuxemos un circuíto diferenciado de entrada e outro de saída, entrando pola porta principal do cemiterio e saíndo pola porta que dá cara ao aparcadoiro. Tamén informamos que os aseos públicos están pechados”.
O alcalde ribadense engadiu: “pedimos e indicamos que vai ser obrigatorio cumprir con todas as medidas de protección persoal como o uso da máscara e o distanciamento de seguridade, e as limitacións no que son as agrupacións de persoas de acordo con todas as normas sanitarias vixentes”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



