Trabada, a 27 de outubro de 2020. Os socialistas prefiren utilizar as institucións nas que gobernan para facer oposición á Xunta máis que para xestionar os asuntos da mellor maneira para os intereses dos veciños. Pasa na Deputación e pasa nos concellos, incluso agora, varios meses despois dunhas eleccións autonómicas, nas que os lucenses, ao igual que o resto dos galegos deixaron moi claro que non queren ao PSOE no goberno de Galicia. Así o sinala o portavoz popular en Trabada, José María Fernández Vázquez, que di: “Un deses casos, é o do Concello de Trabada, onde a alcaldesa, Mayra García e o seu equipo reservan o pouco tempo que dedican ás cuestións municipais a facer propaganda e a criticar, sen razón algunha, á Xunta”.
Un medio de comunicación faise eco do anuncio do goberno municipal da licitación dun par de obras, de orzamento nada espectacular. Fernández Vázquez di: “E a alcaldesa aproveita a ocasión para asegurar que desde 2016, o seu Concello só recibiu da Administración autonómica 1.200.000 euros, tramitados, segundo asegura, ao fío da convocatoria de axudas; falta absolutamente á verdade, ata a punto de que no ano 2019, este Concello recibiu da Xunta preto de dous millóns de euros”.
Os populares destacan que a alcaldesa de Trabada, a socialista Mayra García, “ten a credibilidade que lle dan os resultados de iniciativas que estaban cargadas de propaganda e exentas de rigor e fiabilidade”. O portavoz popular sinala: “Non hai que esquecer aquel ofrecemento de casa e traballo que lanzou no seu momento e que, finalmente, só foi causa de problemas para algúns dos que intentaron acollerse a aquela convocatoria”.
Para Fernández Vázquez está claro que “García, unha vez máis, fai labor de peoa para o presidente da Deputación, na súa teima de intentar ser oposición á Xunta”. O portavoz popular destaca que sectarismo na asignación de recursos é o que practica a Deputación de Lugo, que en catro anos (2011-2015) de goberno popular en Trabada, este municipio, á marxe do correspondente a Residencia da Terceira Idade, só recibiu do organismo provincial arredor de 20.000 euros.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



