Ribadeo, 14 de outubro de 2020. A Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade e a Aula CeMIT poñen en marcha unha iniciativa de asesoramento e apoio tecnolóxico, dirixida a familias e alumnado, para resolver todas aquelas dúbidas que poidan aparecer á hora de traballar nas plataformas dixitais educativas que utilicen os centros de ensino do concello ribadense e tamén ofertar as instalacións da Aula CeMIT, dotadas de equipos informáticos e conexión wifi, como centro de traballo.
A concelleira Mariluz Álvarez Lastra explicou que “dende a Concellaría de Igualdade e de Ensino do Concello de Ribadeo e da Aula CeMIT queremos informar dunha nova iniciativa neste caso de asesoramento e apoio tecnolóxico, dirixido ás familias e ao alumnado do noso concello, para resolver todas aquelas dúbidas que poidan aparecer á hora de traballar nas plataformas dixitais educativas que utilicen os centros de ensino do noso concello, e tamén ofertar as nosas instalacións, que están dotadas de equipos informáticos e conexión wifi, como centro de traballo”.
A edil ribadense sinalou que “nestes momentos que estamos vivindo do Covid-19, moitas veces os rapaces e as rapazas, os nosos fillos e as nosas fillas, teñen que facer traballos telemáticos e se existe tamén algún problema de confinamento van utilizar as plataformas dixitais”.
Álvarez Lastra subliñou que “dende o Concello de Ribadeo, facéndonos eco desta necesidade, queremos poñer a disposición de todos aqueles país, nais, familias e alumnado en xeral as instalacións da Aula CeMIT, é dicir, do telecentro do noso Concello, que ten un horario polas mañás de luns a venres, desde as nove ata a unha, e polas tardes de luns a xoves, desde as catro ata as seis e media, para que poidan utilizar as súas conexións, os seus equipos informáticos, e incluso que o propio técnico lles poida axudar naquelas dúbidas que poidan ter respecto ás plataformas dixitais e que queiran facelo”.
A concelleira de Igualdade, Ensino e Mocidade engadiu que “para facelo máis fácil e para asegurarse de que esa persoa vai estar alí, e que lles dea cita ou que lles poida axudar, poden chamar ao teléfono 982 120 732. Como digo é unha iniciativa de asesoramento e apoio tecnolóxico dirixido tanto ás familias como ao alumnado do noso concello”.











A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



