Foz, 27 de novembro de 2020. O Concello de Foz comeza a elaboración de un Plan de Mobilidade Sustentable que permitirá mellorar a calidade de vida de todas e todos e a defensa do medio ambiente. Tódolos veciños e veciñas do concello poderán facer achegas a este documento a través dun proceso participativo, anuncia o alcalde, Fran Cajoto.
“Estamos traballando no Foz do futuro que todos merecemos, ordenado e planificado, pensando nas persoas. Todos somos coñecedores das consecuencias que as decisións, precipitadas e sen un estudo previo, tiveron hai ben pouco tempo na vila. Dispoñer as dúas rúas principais -Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña- no mesmo sentido de circulación provocou un caos circulatorio. Non nos temos que ir moi lonxe para lembrar como se cargaron de tráfico Paco Maañón -a baixada á igrexa, no casco histórico- e a Rúa do Pilar, que non estaba preparada para ser unha rúa principal de Foz. Caos que provocaba no verán de 2018 retencións de máis de 40 minutos na saída do núcleo urbano, o que nunca se vira na nosa vila”, explica o rexedor municipal.
Fronte a isto, o alcalde destaca a intención deste goberno: “comezar a casa polos cimentos, non polo tellado. É por iso que, con cargo ao Plan Único 2020 da Deputación, o goberno municipal procedeu á contratación do Plan de Mobilidade Sustentable de Foz, para un estudo integral das infraestruturas existentes e futuras dun xeito conxunto e relacionado.
Este plan concentrará as súas análises e propostas no núcleo urbano de Foz, aínda que considerará todo o termo municipal, analizando e propoñendo actuacións de distinto alcance para todo o territorio, en particular aquelas que faciliten a comunicación peonil e ciclista entre as parroquias e o núcleo urbano”.
Fran Cajoto engade que “o plan configúrase como un documento de traballo, de desenvolvemento estratéxico, que ten como finalidade formular un conxunto de actuacións orientadas á implantación de formas de desprazamento máis sustentables: camiñar, bicicleta e favorecer o transporte público”.
O alcalde indica que “hai rúas no casco urbano de dobre sentido de circulación nas que non se cruzan dous vehículos e beirarrúas que en moitos casos non son accesibles. Debemos definir que viais se deben dispoñer con un sentido único de circulación para gañar espazo para o peón e a bicicleta e identificar os itinerarios peonís máis utilizados. Debemos ter un mapa de a onde queremos chegar no casco urbano para que, conforme vaiamos dispoñendo de fondos, as obras se fagan conforme a un criterio definido: con sentido común, con planificación, evitando os erros do pasado. Este traballo vaino a realizar unha empresa especializada cun equipo conformado por enxeñeiros e arquitectos con experiencia na materia, pero coa colaboración do conxunto de Foz. Non só son necesarias as enquisas que imos cubrir sobre as nosas preferencias ou hábitos nos desprazamentos diarios, senón que se reclaman tamén ideas sobre en que zonas actuar. Vaise contar coa visión de toda a corporación municipal e de colectivos e asociacións de Foz e das parroquias: queremos un documento o máis rico posible e para iso todas as achegas son importantes. Este proceso participativo denomínase Móvete Foz, integrando distintas actividades como encontros territoriais e sectoriais, entrevistas con técnicos, tanto na fase de toma de datos e análise como na de formulación e validación das propostas. Dada a situación actual derivada da pandemia do Covid 19 e as restricións e precaucións a considerar por saúde pública, adaptarase este proceso participativo”.
Cajoto tamén salienta “a importancia deste documento para o comercio local e o sector da hostalería. Pensemos nunha vila cómoda e segura para desprazarnos a pé, na que teñamos facilidades para estacionar o noso vehículo privado pero tamén para acceder a un transporte público. Eu nesa vila merco un piso, consumo e fago vida social: trátase dunha aposta tamén pola economía, nun momento especialmente difícil como o que estamos a vivir”.
E o concelleiro responsable da Coordinación da Axenda 2030 en Foz, Carlos García, indica que “dentro dos obxectivos da axenda 2030, o Plan de Mobilidade Sustentable é un paso moi importante para acadar o obxectivo 11: conseguir que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, resilientes e sostibles”.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



