Mondoñedo, 14 de novembro de 2020. O pleno da corporación municipal de Mondoñedo aprobará o próximo mércores o orzamento municipal para 2021, por importe de 3.828.387,86 euros, unha cantidade superior ao do ano en curso. A comisión de Contas informou favorablemente o proxecto orzamentario na reunión que mantivo o pasado venres. O proxecto orzamentario recolle as propostas feitas ao Concello desde as distintas plataformas de participación cidadá.
Por políticas de gasto, o resumo do proxecto orzamentario é o seguinte: Seguridade e Mobilidade Cidadá, 239.006; Vivenda e Urbanismo, 141.344; Benestar Comunitario, 774.465; Medio Ambiente, 84.586 euros; Servizos Sociais e Promoción Social, 771.174; Fomento do Emprego, 45.906; Educación, 223.744 euros; Cultura, 489.941 euros; Deporte, 121.955; Industria e Enerxía, 8.000; Comercio, Turismo, Pequenas e Medianas Empresas, 70.500 euros; Infraestruturas, 285.428; Órganos de Goberno, 78.573 euros; Servizos de Carácter Xeral, 376.895; Administración Financeira e Tributaria, 112.065 euros; Transferencias a outras Administracións Públicas, 4.800 euros.
O goberno municipal presenta o proxecto orzamentario para a súa aprobación en tempo e forma, como o ben facendo o Concello desde que o PP asumiu a alcaldía. É unha manifestación máis, e das máis relevantes, da decisión do equipo de goberno de impulsar unha administración ordenada e eficiente.
O orzamento que se someterá a debate é, en palabras do goberno local, “prudente e realista”, no que non se inclúen aportacións non confirmadas doutras administracións, é dicir, non se inclúen proxectos que non estean plenamente confirmados.
Como se pode apreciar polos importes das distintas políticas, o proxecto orzamentario ten un moi marcado carácter social, de maneira que as dúas principais partidas son as de Benestar Comunitario e Servizos Sociais e Promoción Social.
Nas grandes contas de Mondoñedo para o próximo exercicio queda reflexado o traballo feito polo goberno municipal para captación de recursos doutras administracións.
Desde o punto de vista dos ingresos por impostos e taxas, queda clara a vontade do goberno local de facilitar a recuperación dos sectores máis afectados pola crise provocada pola pandemia como é o caso da hostalería. Así mantense a conxelación das taxas, por exemplo no caso das aplicables as terrazas. Neste orzamento desaparece o imposto de plusvalía. Hai, por tanto, dito con carácter xeral, unha baixada de impostos e taxas.
Un dato relevante neste proxecto orzamentario é que reflexa a aposta do Concello por todo o que ten que ver coa cultura e o turismo, como fonte de riqueza para o municipio.
Por outro lado e ao marxe do proxecto orzamentario, o goberno local destaca que a aportación que lle corresponda ao Concello dentro do Plan Único da Deputación destinarase á zona rural. Igualmente, pon de manifesto que a execución do plan de dinamización da Área Rexurbe mobilizará ao redor de catro millóns entre fondos públicos e privados.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



