A visita enmárcase “no plan de acollida de profesores e alumnos doutros países da Unión Europea, que recibimos ao longo do curso desde Apaga. Van visitar tanto empresas como institucións educativas da Mariña e de Ferrol. Haberá ademais unha parte turística e lúdica que os levará a coñecer localizacións como Mondoñedo, Lourenzá ou Ribadeo”, explicou Álvaro Doural, presidente de Apaga. Os profesores chegados de Croacia pasaron esta mañá polo CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, e pola praia de As Catedrais. E pola tarde pasarán por Mondoñedo.